Provided by: kdesdk-scripts_19.04.3-0ubuntu1_all bug

NOME

       fixincludes - Reduce o número de #includes nos ficheiros de fontes de KDE

SINOPSE

       fixincludes [-v, --verbose] [-e, --experimental] [-m, --modify] [ficheiro] [--help]

DESCRICIÓN

       fixincludes tenta reducir o número de #includes nos ficheiros de fontes de C++. Grande
       parte do que fai é específico para as fontes de KDE polo que posibelmente non traballe tan
       ben con fontes de programas que non sexan de KDE.

       Foron identificados os seguintes problemas de fixincludes:

       ·   Incluír cabezallos que deixaron de estar soportados pero que existen por
           compatibilidades con versións anteriores de Qt/KDE;

       ·   Incluír o mesmo ficheiro múltiplas veces.

       Temén hai un modo experimental que tenta eliminar un #include de cada vez (cunhas poucas
       excepcións) para ver se as fontes aínda compilan. Lembre que este é un modo experimental
       que modificará as fontes orixinais.

       Por omisión, as fontes non serán modificadas; os problemas que sexan identificados serán
       notificados pola saída estándar.

       A lista de fontes C++ a examinar debe ser indicada na liña de comandos. Se non indica
       nengún ficheiro, todas as fontes C++ no ou dentro do directorio actual serán examinadas
       (coa excepción dos directorios nos que o seu ficheiro Makefile.am conteña a opción
       -UQT_NO_COMPAT ou -UKDE_NO_COMPAT)

       Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

OPCIÓNS

       -v, --verbose
           Modo verborreico. Móstrase información adicional de depuración pola saída estándar.

       -e, --experimental
           Modo experimental, definido en detalle anteriormente. Lembre que esta opción implica
           un --modify.

       -m, --modify
           Ademais de escreber na saída estándar, modificará de verdade as fontes orixinais para
           corrixir os problemas que fosen encontrados.

AUTORES

       fixincludes foi escrito por Dirk Mueller <mueller@kde.org>.

AUTOR

       Ben Burton <bab@debian.org>
           Autor.

[FIXME: source]                         7 de abril de 2003                         FIXINCLUDES(1)