Provided by: wesnoth-1.14-server_1.14.7-1_amd64 bug

NOME

       wesnothd — Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste.

SINOPSE

       wesnothd [-dv] [-c ruta] [-p porto] [-t número] [-T número]
       wesnothd -V

DESCRICIÓN

       Xestiona   partidas   de  A  batalla  polo  Noroeste  con  varios  xogadores.  Véxanse  en
       «https://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en inglés)  as  ordes  que  acepta  o
       servidor a través do cliente wesnoth (/query […]) ou do fifo.

OPCIÓNS

       -c ruta, --config ruta
              Indícalle  a  wesnothd  onde  atopar  o  ficheiro de configuración a usar. Véxase a
              sintaxe máis adiante na sección de CONFIGURACIÓN DO  SERVIDOR.  Pódese  recargar  a
              configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.

       -d, --daemon
              Executa wesnothd coma un servizo.

       -h, --help
              Indica as funcións das opcións de liña de ordes.

       --log-nivel=dominio_1,dominio_2,
              Establece  o  nivel  de  severidade dos dominios do rexistro.  Pódese usar all para
              referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son  os  seguintes:
              error  (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é o
              nivel predeterminado, info para o dominio do servidor.

       -p porto, --port porto
              Asocia o servidor ao porto especificado. O porto predeterminado é o 15000.

       -t número, --threads número
              Define o número máximo de fíos efectivos en espera para a entrada e saída de rede a
              n (5 de maneira predeterminada, máximo  30).

       -T número, --max-threads número
              Define  o  número  máximo  de fíos efectivos que se van crear. Se se define a 0 non
              terá límite (0 é o valor predeterminado).

       -V, --version
              Devolve o número da versión.

       -v, --verbose
              Activa o rexistro da depuración.

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

   A sintaxe xeral é a seguinte:
       [etiqueta]

              clave="valor"

              clave="valor,valor,…"

       [/etiqueta]

   Claves globais:
       allow_remote_shutdown
              Se se lle dá o valor no («non», valor predeterminado), as solicitudes de apagado  e
              reinicio ignoraranse salvo que procedan do fifo.  Co valor yes («si») permitirase o
              apagado remoto por medio dunha «/query» realizada por un administrador.

       ban_save_file
              Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido con gzip— que o servidor  poida
              ler  e  escribir.  As  vedas hanse gardar neste ficheiro e leranse de novo cando se
              inicie o servidor.

       compress_stored_rooms
              Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de  salas  de  forma  comprimida.  O
              valor predeterminado é yes («si»).

       connections_allowed
              O  número  de  conexións  permitidas  desde  un  mesmo  enderezo  IP.  0 equivale a
              infinitas. O valor predeterminado é 5.

       disallow_names
              Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense empregar * e ?  como comodíns
              para  patróns.  Véxase  glob(7)   para máis información. Os valores predeterminados
              son: *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.

       fifo_path
              A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor —equivalente  ao  «/query
              …» desde o xogo—. Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor
              predeterminado durante a compilación (en principio /var/run/socket/wesnothd).

       max_messages
              O número máximo de  mensaxes  permitidas  en  messages_time_period  (4  de  maneira
              predeterminada).

       messages_time_period
              O  período  de  tempo  (en  segundos) que se usa para detectar os envíos masivos de
              mensaxes (10 segundos de maneira predeterminada).

       motd   A mensaxe do día.

       new_room_policy
              Determina quen pode crear novas salas  no  servidor.  Os  valores  dispoñíbeis  son
              everyone  («todos»),  registered  (só  os  usuarios  «rexistrados»),  admin  (só os
              «administradores») e nobody («ninguén»). Salvo que se indique  o  contrario,  poden
              todos.

       passwd O  contrasinal que se utiliza para obter privilexios de administrador —por medio de
              /query admin contrasinal—.

       replay_save_path
              O directorio no que o servidor garda as repeticións das partidas  (non  esquezas  a
              barra  inclinada ao final, «/»). O seu valor predeterminado é «`'», o directorio no
              que se iniciou o wesnothd.

       restart_command
              A orde que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de servidor por  medio  da
              orde  restart («reiniciar»). Só se pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción
              allow_remote_shutdown.

       room_save_file
              Ruta a  un  ficheiro  onde  gardar  a  información  das  salas.  Lerase  durante  a
              inicialización do servidor e escribirase nel máis tarde. Se o ficheiro está baleiro
              ou non se forneceu unha ruta ao mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.

       save_replays
              Determina se o servidor gardará as repeticións das partidas automaticamente. O  seu
              valor predeterminado é false («non»).

       versions_accepted
              Unha lista separada por comas de cadeas de versión que o servidor aceptará. Pódense
              empregar os comodíns de patróns * e ?. O seu valor predeterminado será a versión do
              xogo correspondente.
              Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera versión.

       user_handler
              O  nome  do  xestor  de  usuarios  a  empregar. Os xestores de usuarios dispoñíbeis
              actualmente son forum —para conectar wesnothd á base de datos  dun  foro  phpbb—  e
              sample  —unha  mostra  de exemplo da interface do xestor de usuarios, hai que estar
              tolo para utilizala en algo de verdade—. O valor predeterminado é forum. Tamén  hai
              que engadir unha sección [user_handler], véxase a continuación.

   Etiquetas globais:
       [redirect]  é unha etiqueta para especificar un servidor ao que dirixir certas versións do
       cliente.

              host   O enderezo do servidor ao que dirixir os clientes.

              port   O porto da conexión.

              version
                     Unha lista separada por comas de versións a  dirixir.  Compórtase  do  mesmo
                     xeito que versions_accepted no referente aos comodíns de patróns.

       [ban_time]  é  unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas para duracións de vedas
       temporais.

              name   O nome a usar para referirse á veda.

              time   A duración. O formato é «%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será «s» (segundos),  «m»
                     (minutos),  «h» (horas), «D» (días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será un
                     número. Se  non  se  fornece  un  modificador  de  tempo,  interpretarase  a
                     cantidade indicada como minutos. Por exemplo: time="1D12h30m" é unha veda de
                     1 día, 12 horas e 30 minutos.

       [proxy] é unha etiqueta para que o servidor actúe coma proxy e dirixa as  solicitudes  dos
       clientes conectados ao servidor indicado. Acepta as mesmas claves que [redirect].

       [user_handler]  configura  o  xestor  de  usuarios. As palabras clave dispoñíbeis variarán
       dependendo do xestor de usuarios que se estableza mediante a palabra  clave  user_handler.
       Se  non  hai  ningunha sección [user_handler] na configuración, o servidor executarase sen
       ningún servizo de rexistro de alcumes.

              db_host
                     O nome do servidor da base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_name
                     O nome da base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_user
                     O  nome  do  usuario  co  que  iniciar  sesión  na  base  de   datos   (para
                     «user_handler=forum»).

              db_password
                     O contrasinal de dito usuario (para «user_handler=forum»).

              db_users_table
                     O  nome  da  táboa  na  que  o foro phpbb almacena os datos do usuario (para
                     «user_handler=forum»).   O   máis   probábel   é   que   dita   táboa   sexa
                     <prefixo-da-táboa>_users (por exemplo, «phpbb3_users»).

              db_extra_table
                     O  nome  da táboa na que wesnothd gardará os seus propios datos dos usuarios
                     (para «user_handler=forum»).  Terás  que  crear  a  táboa  manualmente,  por
                     exemplo mediante: CREATE TABLE <nome-da-táboa>(username VARCHAR(255) PRIMARY
                     KEY, user_lastvisit INT  UNSIGNED  NOT  NULL  DEFAULT  0,  user_is_moderator
                     TINYINT(4) NOT NULL DEFAULT 0);

              user_expiration
                     O   tempo   en  días  tras  o  cal  caducan  os  alcumes  rexistrados  (para
                     «user_handler=sample»).

       [mail] configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor de usuarios pode enviar  correos
       electrónicos. Actualmente só o utiliza o xestor de usuarios de exemplo.

              server O nome do servidor de correo.

              username
                     O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de correo electrónico.

              password
                     O contrasinal dese usuario.

              from_address
                     O enderezo do remitente da mensaxe.

              mail_port
                     O  porto  no  que  se  executa o servidor de correo electrónico. O seu valor
                     predeterminado é «25».

ESTADO AO SAÍR

       Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír será «0». Será «2» de houber  un
       erro coa liña de ordes.

AUTORES

       Autor  orixinal:  David  White  <davidnwhite@verizon.net>. Modificacións posteriores: Nils
       Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott  <ott@gaon.net>,  Soliton  <soliton.de@gmail.com>  e
       Thomas  Baumhauer <thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors
       <cyril@bouthors.org>.
       Visite o sitio web oficial: https://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

       Copyright © 2003-2018, David White <davidnwhite@verizon.net>
       Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2  da  licenza
       GNU  GPL,  tal  e  como  foi  publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA
       garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

       wesnoth(6)