Provided by: aptitude-common_0.8.13-3ubuntu1_all
NOME
aptitude - interface a pantalla completa para o xestor de paquetes.
SINOPSE
aptitude
DESCRICIÓN
aptitude é unha interface en modo texto para o sistema de paquetes de Debian GNU/Linux. Permítelle ao usuario ve-la lista de paquetes e realizar tarefas de xestión de paquetes coma a instalación, actualización e eliminación de paquetes. Por defecto, aptitude deixa dispoñibles as seguintes teclas e comandos: q Saír do contexto actual, gravando os cambios. x Saír do contexto actual, abandonando os cambios. ? Amosar unha pantalla de axuda en liña. Arriba, j Move-la barra de selección un elemento cara a arriba. Abaixo, k Move-la barra de selección un elemento cara a abaixo. ^ Move-la barra de selección cara ao pai do elemento actual. Intro Expandir ou contraer un grupo de paquetes. [ Expandir unha árbore de paquetes completa. ] Contraer unha árbore de paquetes completa. Intro, i Amosar información acerca dun paquete. + Cancela-lo borrado dun paquete, ou solicita-la súa instalación ou actualización. - Cancela-la instalación dun paquete, ou solicita-la súa eliminación. = Reter un paquete (ou quitalo da retención se é un paquete retido non actualizable). _ Solicita-la eliminación dun paquete e tódolos seus ficheiros de configuración ("purgar"). u Actualiza-las listas de paquetes dispoñibles. g Realizar tódalas instalacións, eliminacións e actualizacións pendentes. Control-u Desface-la última acción ou conxunto de accións. / Realizar unha busca. Repeti-la última busca. v Amosar tódalas versións dun paquete dispoñibles.
OPCIÓNS
A versión actual de aptitude non recoñece opcións de liña de comandos.
VER TAMÉN
apt-get(1), apt(8), /usr/share/doc/aptitude/README.
AUTOR
Esta páxina de manual escribiuna Daniel Burrows <Daniel_Burrows@brown.edu>.
TRADUCTOR
Esta páxina de manual traduciuna Jacobo Tarrío Barreiro <jtarrio@trasno.net>. 9/8/00 APTITUDE(8)