Provided by:
kde-l10n-gl_4.3.2-0ubuntu1_all 
NAME
cheatmake - engaña a make para non recompilar certos ficheiros
SYNOPSIS
cheatmake [hidechangeficheiro] [show] [whyficheiro]
DESCRICIóN
cheatmake é usado para aforrar tempo ao recompilar. Pode engañar a make
para que salte ficheiros que non fosen modificados dun xeito
significativo. Pode ser usado, por exemplo, se modifica un comentario
nun ficheiro pero non o código efectivo.
Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de
KDE.
OPCIóNS
hidechange ficheiro
Acocha a modificación do ficheiro mudándolle o selo temporal
cara o pasado. Use con precaución!
show Lista os ficheiros que make debe recompilar na actualidade
why ficheiro
Explica por que debe recompilar make o ficheiro
AMBIENTE
Unha das seguintes variábeis (pero non ambas as dúas) debe estar
configurada se o directorio das fontes non é o mesmo que o do código
obxecto. Se o do código obxecto é simplesmente un subdirectorio do das
fontes, debe usarse a variábel OBJ_SUBDIR, máis simples.
OBJ_SUBJDIR
Indica que o directorio do código obxecto está no subdirectorio
indicado do das fontes. Por exemplo, se o directorio das fontes
é kdesdk e o do código obxecto é kdesdk/obj-i386-linux, entón
OBJ_SUBDIR debe ser obj-i386-linux.
OBJ_REPLACEMENT
Unha expresión de sed que é usada para transformar o directorio
das fontes no de compilación. Por exemplo, se o das fontes é
kdesdk/obj-i386-linux, entón OBJ_REPLACEMENT debe configurarse
como s#kdesdk#kdesdk-obj#.
CONSULTE TAMéN
make(1)
AUTORES
cheatmake foi escrito por David Faure <faure@kde.org>. Esta páxina de
manual foi escrita por Ben Burton <bab@debian.org> para o sistema
Debian GNU/Linux® (pero pode ser usada por outros).
8 de marzo de 2003 CHEATMAKE(1)