Provided by:
kde-l10n-gl_4.3.2-0ubuntu1_all 
NAME
cvscheck - Informa do estado fora de liña dos ficheiros nun módulo CVS
obtido.
SYNOPSIS
cvscheck [dir]
DESCRICIóN
cvscheck imprime información acerca do estado da súa copia local do CVS
sen comunicarse co servidor. Isto implica que é extremadamente rápido e
non requere unha conexón de rede.
O directorio dado e todos os seus subdirectorios serán procesados
recursivamente. Se non indica un directorio, será usado o actual e os
seus subdirectorios.
Cada ficheiro cun estado interesante será mostrado xunto cun caracter
enfronte do seu nome para indicar o estado. Estes caracteres son os
seguintes.
? foobar.c
O ficheiro non é coñecido polo CVS
M foobar.c
O ficheiro foi modificado localmente
m foobar.c
Puidera ser que o ficheiro teña modificacións locais. Debería
facer un diff co servidor para verificalo.
C foobar.c
O ficheiro ten un conflito co CVS e non pode ser entregado.
U foobar.c
O ficheiro está no CVS pero falta na súa copia local.
T foobar.c
O ficheiro ten unha marca CVS de pegoñento pouco frecuente.
A foobar.c
Fixo un cvs add para este ficheiro, pero aínda non a entregou.
R foobar.c
Fixo un cvs rm deste ficheiro, pero aínda non o entregou.
Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de
KDE.
CONSULTE TAMéN
cvs(1)
AUTORES
cvscheck foi escrito por Dirk Müller <mueller@kde.org> e
Sirtaj.Singh.Kang; <taj@kde.org>
Esta páxina de manual foi elaborada por Ben Burton <bab@debian.org>
para o sistema Debian GNU/Linux (pero pode ser usada por outros).
8 de marzo de 2003 CVSCHECK(1)