Provided by:
kde-l10n-gl_4.3.2-0ubuntu1_all 
NAME
fixincludes - Reduce o número de #includes nos ficheiros de fontes de
KDE
SYNOPSIS
fixincludes [-v, --verbose] [-e, --experimental] [-m, --modify]
[ficheiro] [--help]
DESCRICIóN
fixincludes tenta reducir o número de #includes nos ficheiros de fontes
de C++. Grande parte do que fai é específico para as fontes de KDE polo
que posibelmente non traballe tan ben con fontes de programas que non
sexan de KDE.
Foron identificados os seguintes problemas de fixincludes:
· Incluír cabezallos que deixaron de estar soportados pero que existen
por compatibilidades con versións anteriores de Qt/KDE;
· Incluír o mesmo ficheiro múltiplas veces.
Temén hai un modo experimental que tenta eliminar un #include de cada
vez (cunhas poucas excepcións) para ver se as fontes aínda compilan.
Lembre que este é un modo experimental que modificará as fontes
orixinais.
Por omisión, as fontes non serán modificadas; os problemas que sexan
identificados serán notificados pola saída estándar.
A lista de fontes C++ a examinar debe ser indicada na liña de comandos.
Se non indica nengún ficheiro, todas as fontes C++ no ou dentro do
directorio actual serán examinadas (coa excepción dos directorios nos
que o seu ficheiro Makefile.am conteña a opción -UQT_NO_COMPAT ou
-UKDE_NO_COMPAT)
Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de
KDE.
OPCIóNS
-v, --verbose
Modo verborreico. Móstrase información adicional de depuración
pola saída estándar.
-e, --experimental
Modo experimental, definido en detalle anteriormente. Lembre que
esta opción implica un --modify.
-m, --modify
Ademais de escreber na saída estándar, modificará de verdade as
fontes orixinais para corrixir os problemas que fosen
encontrados.
AUTORES
fixincludes foi escrito por Dirk Mueller <mueller@kde.org>.
AUTHOR
Ben Burton.
7 de abril de 2003 FIXINCLUDES(1)