Provided by: wesnoth-core_1.6.5-1build1_i386 bug

NOME

       wesnoth  -  Battle  for  Wesnoth,  un xogo fantástico de estratexia por
       turnos

SINOPSE

       wesnoth [OPCINS] [RUTA_S_DATOS]

DESCRICIÓN

       Battle for Wesnoth é un xogo fantástico de estratexia por turnos

       Derrota a tódolos líderes  inimigos  usando  un  cadro  de  tropas  ben
       escollido,  tendo en conta a xestión dos teus recursos de ouro e vilas.
       Tódalas unidades teñen as súas propias fortalezas e  debilidades;  para
       gañar,  desprega  as  túas  forzas  para  que teñan as máximas vantaxes
       mentres lle impides ós teus inimigos face-lo mesmo.  A  medida  que  as
       unidades conseguen experiencia, adquiren novas habilidades e fanse máis
       poderosas. Xoga na túa propia lingua e proba as túas habilidades contra
       un  opoñente  por  ordenador intelixente, ou únete á gran comunidade de
       xogadores  en  liña  de  Wesnoth.  Crea  as   túas   propias   unidades
       personalizadas, escenarios ou campañas, e comparteos cos demais.

OPCIÓNS

       --bpp nmero
              establece o valor de BitsPerPixel. Exemplo: --bpp 32

       -c, --campaign
              vai directamente ó menú de selección de campaña.

       --config-dir nome
              sets the user configuration directory to name under $HOME or "My
              Documents\My Games" for windows.

       --config-path
              mostra a ruta do directorio de configuración do usuario e sae.

       -d, --debug
              activa opcións de modo de comando adicionais no xogo (consulte a
              páxina   wiki  en  http://www.wesnoth.org/wiki/CommandMode  para
              obter máis información sobre o modo de comando).

       --dummy-locales
              usa localizacións  falsas  especiais  para  cambiar  a  calquera
              lingua  incluso  se  esa  lingua  non está instalada para todo o
              sistema.

       -e, --editor file
              start the in-game map editor directly.  If  file  is  specified,
              equivalent to -e --load

       --fps  amosa  o número de imaxes por segundo ó que se está executando o
              xogo, nunha esquina da pantalla.

       -f, --fullscreen
              executa o xogo a pantalla completa.

       --gunzip ficheiroentrada.gz
              descomprime un ficheiro que debería  estar  en  formato  gzip  e
              gárdao co sufixo .gz. O ficheiroentrada.gz eliminarase.

       --gzip ficheiroentrada
              comprime   un   ficheiro   con   formato   gzip,   gárdao   coma
              ficheiroentrada.gz e elimina ficheiroentrada.

       -h, --help
              amosa un resumo  das  opcións  de  liña  de  comandos  na  saída
              estándar, e sae.

       -l, --load ficheiro
              loads  the  savegame file from the standard save game directory.
              If the -e or --editor option is used as well, starts the  editor
              with  the  map  from file open. If it is a directory, the editor
              will start with a load map dialog opened there.

       --log-nivel=dominio1,dominio2,...
              establece o nivel de severidade dos  dominios  de  log.   Pódese
              usar  all  para  referirse  a  calquera  dominio  de log. Niveis
              dispoñibles: error,warning, info, debug.  Por  defecto  úsase  o
              nivel error.

       --logdomains
              Mostra unha lista de tódolos dominios de log e sae.

       --max-fps
              o  número  de imaxes por segundo que pode amosar o xogo, o valor
              debe estar entre 1 e 1000, o predeterminado é 50.

       -m, --multiplayer
              executa o xogo en multixogador. Hai opcións adicionais que poden
              usarse  xunta con --multiplayer tal como se explica máis abaixo.

       --no-delay
              executa o xogo sen retrasos para probas de  rendemento  gráfico.
              Isto actívase automaticamente con --nogui.

       --nocache
              deshabilita a caché de datos de xogo.

       --nomusic
              executa o xogo sen música.

       --nosound
              executa o xogo sen son e sen música.

       --path amosa o nome do directorio de datos do xogo e sae.

       -r XxY, --resolution XxY
              establece a resolución da pantalla. Por exemplo: -r 800x600

       --smallgui
              permite  usar  resolucións  de  pantalla  inferiores a 800x480 e
              redimensiona un poucos elementos da interface.

       -s, --server [máquina]
              conéctase  á  máquina  especificada  se  existe,   noutro   caso
              conéctase   ó   primeiro  servidor  das  preferencias.  Exemplo:
              --server server.wesnoth.org

       -t, --test
              executa o xogo nun pequeno escenario de proba.

       --validcache
              asume que a caché é válida. (perigoso)

       -v, --version
              amosa o número de versión e sae.

       -w, --windowed
              executa o xogo nunha ventá.

       --with-replay
              reproduce a partida cargada ca opción --load.

Opcións para --multiplayer

       As opcións multixogador específicas  dun  bando  márcanse  con  nmero.
       nmero  tense que substituír por un número de bando. Normalmente é 1 ou
       2 pero depende do número de xogadores posible do escenario escollido.

       --algorithmnmero=valor
              selecciona  un  algoritmo  non  estándar  para  que  o   use   o
              controlador  da  IA  dese  bando. Valores dispoñibles: idle_ai e
              sample_ai.

       --controllernmero=valor
              selecciona o controlador deste bando. Valores dispoñibles: human
              e ai.

       --era=valor
              use  esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era
              Default. A era elíxese mediante un id. As  eras  descríbense  no
              ficheiro data/multiplayer/eras.cfg.

       --exit-at-end
              sae  unha  vez se rematou o escenario, sen mostrar un diálogo de
              victoria ou derrota que require que  o  usuario  prema  Aceptar.
              Isto  tamén  se  emprega para probas de rendemento automatizadas
              mediante scripts.

       --nogui
              executa o xogo sen GUI. Debe  aparecer  antes  de  --multiplayer
              para ter o efecto desexado.

       --parmnmero=nome:valor
              establece  parámetros adicionais para este bando. Este parámetro
              depende das  opcións  usadas  con  --controller  e  --algorithm.
              Debería ter únicamente utilidade para a xente que está deseñando
              a súa propia IA. (ainda non documentado de forma completa)

       --scenario=valor
              selecciona un escenario multixogador polo id. O id do  escenario
              predeterminado é multiplayer_The_Freelands.

       --sidenmero=valor
              selecciona unha facción da era actual para este bando. A facción
              elíxese mediante un id.  As  faccións  descríbense  no  ficheiro
              data/multiplayer.cfg.

       --turns=valor
              establece  o  número  de  turnos  para  o escenario elixido. Por
              defecto é 50.

AUTOR

       Escrito por David White <davidnwhite@verizon.net>.
       Editado por Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net> e
       Soliton <soliton.de@gmail.com>.
       Esta   páxina   de   manual  escribiuna  orixinalmente  Cyril  Bouthors
       <cyril@bouthors.org>.
       Visite o sitio oficial: http://www.wesnoth.org/

COPYRIGHT

       Copyright © 2003-2007 David White <davidnwhite@verizon.net>
       Isto é Software Libre;  este  software  está  licenciado  baixo  a  GPL
       versión 2, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation.  Non
       existe NINGUNHA garantía; nin sequera  para  o  SEU  USO  COMERCIAL  ou
       ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

CONSULTE TAMÉN

       wesnoth_editor(6), wesnothd(6)