Provided by: kde-l10n-gl_15.12.3-0ubuntu1.1_all bug

NOME

       kig - un programa de xeometría interactiva para o

SINOPSE

       kig [-c, --convert-to-native [-o, --outfile nome do ficheiro]] [Opcións xenéricas do KDE]
           [Opcións xenéricas do Qt]

DESCRICIÓN

       O Kig é un aplicativo para a xeometría interactiva. Pretende cumprir dous obxectivos:

       •   Permitir que os estudantes exploren interactivamente as figuras e os conceptos
           matemáticos utilizando o computador;

       •   Servir como ferramenta WYSIWYG ("o que se ve é o que se obtén") para deseñar figuras
           matemáticas e incluílas noutros documentos.

       Con este programa pódese facer xeometría nun computador igual que nun encerado nunha aula.
       Porén, o programa permite mover e modificar partes dun debuxo xeométrico para ver así que
       outras partes resultan alteradas como consecuencia.

       O Kig admite lugares xeométricos e macros definidas polo usuario. Tamén importa e exporta
       formatos de ficheiros alleos, como os de Cabri, Dr. Geo, KGeo, KSeg e XFig.

       Este aplicativo fai parte do módulo de educación oficial do KDE.

OPCIÓNS

       App options, in a variablelist

       -c, --convert-to-native
           Non mostrar unha GUI. Convertir o ficheiro indicado para o formato nativo do Kig. Este
           vai para a saída normal a menos que se lle pase Kig--outfile.

       -o, --outfile nome de ficheiro
           Emprégase con --convert-to-native para indicar onde gravar o ficheiro creado novo do
           Kig. De non especificar esta opción ou non indicar un nome de ficheiro con -, o
           ficheiro vai para a saída normal.

VEXA TAMÉN

       Está dispoñíbel documentación máis detallada para o usuario en help:/kig (podes introducir
       este URL en Konqueror, ou executar khelpcenterhelp:/kig).

       Hai máis información dispoñíbel no sitio web do proxecto educativo de KDE[1].

AUTORES

       O Kig escribírono Dominique Devriese <devriese@kde.org>, Maurizio Paolini
       <paolini@dmf.bs.unicatt.it>, Franco Pasquarelli <pasqui@dmf.bs.unicatt.it>, Pino Toscano
       <toscano.pino@tiscali.it>e outros.

       Esta páxina de manual está baseada na preparada para Debian por Ben Burton
       <bab@debian.org>.

AUTOR

       Ben Burton <bab@debian.org>
           Autor.

NOTAS

        1. sitio web do proxecto educativo de KDE
           http://edu.kde.org/kig/