Provided by: wesnoth-1.12-core_1.12.5-1_amd64 bug

NOME

       wesnoth  —  A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo
       fantástico.

SINOPSE

       wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]

DESCRICIÓN

       A batalla polo  Noroeste  é  un  xogo  de  estratexia  por  roldas  ambientado  nun  mundo
       fantástico.

       Derrota  a  todos  os  líderes  inimigos  escollendo  sabiamente  as  tropas e xestionando
       coidadosamente os recursos  de  ouro  e  vilas.  Todas  as  unidades  teñen  fortalezas  e
       debilidades  de  seu.  Para  gañar,  desprega  as  túas  forzas  de  xeito  que aproveiten
       completamente o seu potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo.  A  medida  que  as
       unidades consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse máis fortes. Xoga
       na lingua que queiras e pon a proba as túas habilidades contra a intelixencia  artificial,
       ou  únete  á  enorme  comunidade internacional de xogadores que se reúne en internet. Crea
       unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e compárteo todo co resto da comunidade.

OPCIÓNS

       --bpp número
              Establece a cantidade de bits por píxel. Por exemplo: --bpp 32.

       -c, --campaign  [<identificador da campaña>]
              Ir directamente á campaña indicada co identificador indicado. Se non se  indica  un
              identificador,  aparecerá  un  menú  de  escolla.  Nota:  ao  empregar  esta opción
              asegúrese tamén de  indicar  o  directorio  dos  datos  como  argumento  final,  ou
              asumirase que o identificador é dito directorio.

       --campaign-difficulty [<dificultade>]
              A  dificultade  da  campaña  indicada  (do  1  ao  máximo). Se non se especificase,
              aparecería un diálogo de escolla da dificultade da campaña.

       --campaign-scenario <identificador do escenario>
              O identificador  do  escenario  da  campaña  indicada.  De  omitirse  o  parámetro,
              empregarase o primeiro escenario.

       --data-dir <directorio>
              Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.

       --data-path
              Devolve o directorio de datos do xogo.

       -d, --debug
              Activa   opcións  adicionais  no  modo  de  ordes  do  xogo.  Consulta  o  wiki  en
              «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en inglés) para  máis  información  sobre  o
              modo de ordes do xogo.

       -e, --editor ficheiro
              Inicia  directamente  o  editor de mapas integrado. Se se indica un ficheiro, fai o
              mesmo que -l --load.

       --fps  Mostra nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo ao que se  está
              executando o xogo.

       -f, --fullscreen
              Executa o xogo a pantalla completa.

       --gunzip ficheiro_de_entrada.gz
              Descomprime  un  ficheiro  que  debería estar en formato GZIP e gárdao sen o sufixo
              «.gz». Borrarase o ficheiro_de_entrada.gz.

       --gzip ficheiro_de_entrada
              Comprime un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma ficheiro_de_entrada.gz e borra  o
              ficheiro_de_entrada.

       -h, --help
              Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.

       -l, --load ficheiro
              Carga  a  partida  ficheiro do directorio de partidas estándar. Se tamén se usan as
              opcións -e ou --editor, iníciase o editor co mapa  do  ficheiro  aberto.  Se  é  un
              directorio,  o  editor  iniciarase  cun  diálogo  de  carga de mapas aberto en dito
              directorio.

       --log-nivel=dominio_1,dominio_2,
              Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro.   Pódese  usar  all  para
              referirse  a  calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son os seguintes:
              error (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é  o
              nivel predeterminado.

       --logdomains [filtro]
              Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que conteñan o filtro se se usa).

       --max-fps
              O  número  máximo  de fotogramas por segundo que pode empregar o xogo. O valor debe
              estar entre «1» e «1000», sendo 50 o valor predeterminado.

       -m, --multiplayer
              Executa unha  partida  de  varios  xogadores.  Hai  opcións  adicionais  que  poden
              empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica máis abaixo. --multiplayer
              só pode ir seguido destas opcións adicionais.

       --no-delay
              Executa o xogo sen  atrasos  para  probas  de  rendemento  gráfico.  Isto  actívase
              automaticamente con --nogui.

       --nocache
              Desactiva a caché de datos do xogo.

       --nomusic
              Executa o xogo sen música.

       --nosound
              Executa o xogo sen sons e sen música.

       --path Devolve o directorio de datos do xogo.

       -p, --preprocess <ficheiro ou cartafol de orixe> <directorio de destino>
              Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros escribiranse no
              directorio de destino indicado: un ficheiro «.cfg» simple e outro procesado. Se  se
              indica  un  cartafol,  preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras
              coñecidas para o preprocesador. Os macros comúns do  directorio  «data/core/macros»
              preprocesaranse    antes    que    os   recursos   indicados.   Por   exemplo:   -p
              ~/wesnoth/data/campaigns/tutorial  ~/result.  Para   máis   información   sobre   o
              preprocesador,            acceda            á            seguinte           páxina:
              http://wiki.wesnoth.org/PreprocessorRef#Command-line_preprocessor

       --preprocess-defines=DEFINE1,DEFINE2,etc
              Lista  de  ordes  «define»  —separada  por  comas—  para  que   empregue   a   orde
              «--preprocess».  Se  a  lista  inclúe  SKIP_CORE,  non se preprocesará o directorio
              «data/core».

       --preprocess-input-macros <ficheiro_fonte>
              Só o emprega a orde «--preprocess». Especifica un  ficheiro  con  definicións  para
              antes do preprocesamento.

       --preprocess-output-macros [<ficheiro_obxectivo>]
              Só  o  emprega  a  orde  «--preprocess».  Devolve  todos os macros preprocesados do
              ficheiro obxectivo. Se non se especifica  un  ficheiro  devolverá  os  do  ficheiro
              «_MACROS_.cfg» do directorio obxectivo da orde «--preprocess». Este modificador ten
              que escribirse antes da orde «--preprocess».

       -r XxY, --resolution XxY
              Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r 800x600.

       -s, --server [máquina]
              Conéctase á máquina especificada se existe, senón conéctase ao primeiro servidor da
              configuración. Por exemplo: --server server.wesnoth.org.

       --username<usuario>
              Emprega o <usuario> indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración.

       --password<contrasinal>
              Emprega   o   <contrasinal>   indicado  ao  conectarse  ao  servidor,  ignorando  a
              configuración. É pouco seguro.

       --strict-validation
              Os erros de corrección trátanse coma erros graves.

       -t, --test
              Executa o xogo nun pequeno escenario de proba.

       --userconfig-dir nome
              Define nome coma o nome do cartafol da configuración do usuario no  seu  directorio
              persoal  («$HOME»)  ou  «Os  meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes
              indicar unha ruta absoluta para  o  directorio  da  configuración  fóra  dos  antes
              mencionados.   En   X11   o   cartafol   predeterminado   é  «$XDG_CONFIG_HOME»  ou
              «$HOME/.config/wesnoth», noutros sistemas é a ruta de datos do usuario.

       --userconfig-path
              Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.

       --userdata-dir nome
              Define nome coma o nome do cartafol dos datos do usuario no seu directorio  persoal
              («$HOME»)  ou  «Os  meus  documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar
              unha ruta absoluta para o directorio dos datos fóra dos antes mencionados.

       --userdata-path
              Devolve a ruta do directorio dos datos do usuario.

       --validcache
              Asume que a caché está ben (perigoso).

       -v, --version
              Devolve o número da versión.

       -w, --windowed
              Executa o xogo nunha xanela.

       --with-replay
              Reproduce a partida cargada coa opción --load.

Opcións para --multiplayer

       As opcións para partidas con varios xogadores específicas dun bando márcanse  cun  número.
       «número» tense que substituír polo número do bando. Normalmente é «1» ou «2», pero depende
       do número de xogadores que permita o escenario escollido.

       --ai_confignúmero=valor
              Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a  intelixencia  artificial  que
              controla o bando especificado.

       --algorithmnúmero=valor
              Fai  que  a  intelixencia  artificial  do  bando  indicado empregue o algoritmo non
              estándar indicado. Os seus posíbeis valores son idle_ai e sample_ai.

       --controllernúmero=valor
              Decide quen controla o bando indicado. Os valores dispoñíbeis son: human e ai.

       --era=valor
              Usa esta opción para xogar na era seleccionada en  vez  de  na  era  predeterminada
              (Default). A era elíxese mediante un identificador. As eras descríbense no ficheiro
              data/multiplayer/eras.cfg.

       --exit-at-end
              Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo  de  vitoria  ou
              derrota  que  requira  que  o  usuario  prema «Aceptar». Isto tamén se emprega para
              probas de rendemento automatizadas mediante scripts.

       --ignore-map-settings
              Non usar a configuración do mapa, senón os valores predeterminados.

       --multiplayer-repeat=valor
              Repite unha partida de varios xogadores valor veces. Recoméndase usar  esta  opción
              xunto con --nogui para probas de rendemento executadas con scripts.

       --nogui
              Executa  o  xogo  sen  interface gráfica. Debe aparecer antes de --multiplayer para
              funcionar correctamente.

       --parmnúmero=nome:valor
              Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro  depende  das  opcións
              usadas  con  --controller e --algorithm. Só debería resultarlle útil a quen estea a
              deseñar  a  súa  propia  intelixencia  artificial  (aínda  non  está  completamente
              documentado).

       --scenario=valor
              Selecciona   un   escenario   con   varios  xogadores  polo  seu  identificador.  O
              identificador do escenario por omisión é multiplayer_The_Freelands.

       --sidenúmero=valor
              Escoller unha facción da era actual para bando número  número.  A  facción  elíxese
              mediante    un    identificador.    As    faccións    descríbense    no    ficheiro
              «data/multiplayer.cfg».

       --turns=valor
              Establece  o  número  de  roldas  para  o  escenario   elixido.   50   de   maneira
              predeterminada.

ESTADO AO SAÍR

       Se  a situación ao saír é normal, o estado ao saír será «0». «1» correspóndese cun erro de
       inicialización —ben do SDL, da configuración de vídeo,  dos  tipos  de  letra,  etc—.  «2»
       indica que o erro se produciu coas opcións da liña de ordes.

AUTORES

       Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
       Modificacións  posteriores:  Nils  Kneuper  <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net> e
       Soliton <soliton.de@gmail.com>.
       Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
       Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

       Copyright © 2003-2013, David White <davidnwhite@verizon.net>
       Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2  da  licenza
       GNU  GPL,  tal  e  como  foi  publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA
       garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

       wesnothd(6).