Provided by: wesnoth-1.12-server_1.12.5-1_amd64 bug

NOME

       wesnothd — Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste.

SINOPSE

       wesnothd [-dv] [-c ruta] [-p porto] [-t número] [-T número]
       wesnothd -V

DESCRICIÓN

       Xestiona   partidas   de  A  batalla  polo  Noroeste  con  varios  xogadores.  Véxanse  en
       «http://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en  inglés)  as  ordes  que  acepta  o
       servidor a través do cliente wesnoth (/query […]) ou do fifo.

OPCIÓNS

       -c ruta, --config ruta
              Indícalle  a  wesnothd  onde  atopar  o  ficheiro de configuración a usar. Véxase a
              sintaxe máis adiante na sección de CONFIGURACIÓN DO  SERVIDOR.  Pódese  recargar  a
              configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.

       -d, --daemon
              Executa wesnothd coma un servizo.

       -h, --help
              Indica as funcións das opcións de liña de ordes.

       --log-nivel=dominio_1,dominio_2,
              Establece  o  nivel  de  severidade dos dominios do rexistro.  Pódese usar all para
              referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son  os  seguintes:
              error  (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é o
              nivel predeterminado, info para o dominio do servidor.

       -p porto, --port porto
              Asocia o servidor ao porto especificado. O porto predeterminado é o 15000.

       -t número, --threads número
              Define o número máximo de fíos efectivos en espera para a entrada e saída de rede a
              n (5 de maneira predeterminada, máximo  30).

       -T número, --max-threads número
              Define  o  número  máximo  de fíos efectivos que se van crear. Se se define a 0 non
              terá límite (0 é o valor predeterminado).

       -V, --version
              Devolve o número da versión.

       -v, --verbose
              Activa o rexistro da depuración.

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

   A sintaxe xeral é a seguinte:
       [etiqueta]

              clave="valor"

              clave="valor,valor,…"

       [/etiqueta]

   Claves globais:
       allow_remote_shutdown
              Se se lle dá o valor no («non», valor predeterminado), as solicitudes de apagado  e
              reinicio ignoraranse salvo que procedan do fifo.  Co valor yes («si») permitirase o
              apagado remoto por medio dunha «/query» realizada por un administrador.

       ban_save_file
              Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido con gzip— que o servidor  poida
              ler  e  escribir.  As  vedas hanse gardar neste ficheiro e leranse de novo cando se
              inicie o servidor.

       compress_stored_rooms
              Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de  salas  de  forma  comprimida.  O
              valor predeterminado é yes («si»).

       connections_allowed
              O  número  de  conexións  permitidas  desde  un  mesmo  enderezo  IP.  0 equivale a
              infinitas. O valor predeterminado é 5.

       disallow_names
              Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense empregar * e ?  como comodíns
              para  patróns.  Véxase  glob(7)   para máis información. Os valores predeterminados
              son: *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.

       fifo_path
              A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor —equivalente  ao  «/query
              …» desde o xogo—. Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor
              predeterminado       durante       a        compilación        (en        principio
              /var/run/socket/wesnothd/socket).

       max_messages
              O  número  máximo  de  mensaxes  permitidas  en  messages_time_period (4 de maneira
              predeterminada).

       messages_time_period
              O período de tempo (en segundos) que se usa para  detectar  os  envíos  masivos  de
              mensaxes (10 segundos de maneira predeterminada).

       motd   A mensaxe do día.

       new_room_policy
              Determina  quen  pode  crear  novas  salas  no servidor. Os valores dispoñíbeis son
              everyone («todos»),  registered  (só  os  usuarios  «rexistrados»),  admin  (só  os
              «administradores»)  e  nobody  («ninguén»). Salvo que se indique o contrario, poden
              todos.

       passwd O contrasinal que se utiliza para obter privilexios de administrador —por medio  de
              /query admin contrasinal—.

       replay_save_path
              O  directorio  no  que o servidor garda as repeticións das partidas (non esquezas a
              barra inclinada ao final, «/»). O seu valor predeterminado é «`'», o directorio  no
              que se iniciou o wesnothd.

       restart_command
              A  orde  que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de servidor por medio da
              orde restart («reiniciar»). Só se pode establecer mediante o fifo. Véxase a  opción
              allow_remote_shutdown.

       room_save_file
              Ruta  a  un  ficheiro  onde  gardar  a  información  das  salas.  Lerase  durante a
              inicialización do servidor e escribirase nel máis tarde. Se o ficheiro está baleiro
              ou non se forneceu unha ruta ao mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.

       save_replays
              Determina  se o servidor gardará as repeticións das partidas automaticamente. O seu
              valor predeterminado é false («non»).

       versions_accepted
              Unha lista separada por comas de cadeas de versión que o servidor aceptará. Pódense
              empregar os comodíns de patróns * e ?. O seu valor predeterminado será a versión do
              xogo correspondente.
              Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera versión.

       user_handler
              O nome do xestor de usuarios  a  empregar.  Os  xestores  de  usuarios  dispoñíbeis
              actualmente  son  forum  —para  conectar wesnothd á base de datos dun foro phpbb— e
              sample —unha mostra de exemplo da interface do xestor de usuarios,  hai  que  estar
              tolo  para utilizala en algo de verdade—. O valor predeterminado é forum. Tamén hai
              que engadir unha sección [user_handler], véxase a continuación.

   Etiquetas globais:
       [redirect] é unha etiqueta para especificar un servidor ao que dirixir certas versións  do
       cliente.

              host   O enderezo do servidor ao que dirixir os clientes.

              port   O porto da conexión.

              version
                     Unha  lista  separada  por  comas de versións a dirixir. Compórtase do mesmo
                     xeito que versions_accepted no referente aos comodíns de patróns.

       [ban_time] é unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas para duracións  de  vedas
       temporais.

              name   O nome a usar para referirse á veda.

              time   A  duración. O formato é «%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será «s» (segundos), «m»
                     (minutos), «h» (horas), «D» (días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será  un
                     número.  Se  non  se  fornece  un  modificador  de  tempo,  interpretarase a
                     cantidade indicada como minutos. Por exemplo: time="1D12h30m" é unha veda de
                     1 día, 12 horas e 30 minutos.

       [proxy]  é  unha etiqueta para que o servidor actúe coma proxy e dirixa as solicitudes dos
       clientes conectados ao servidor indicado. Acepta as mesmas claves que [redirect].

       [user_handler] configura o xestor de usuarios.  As  palabras  clave  dispoñíbeis  variarán
       dependendo  do  xestor de usuarios que se estableza mediante a palabra clave user_handler.
       Se non hai ningunha sección [user_handler] na configuración, o  servidor  executarase  sen
       ningún servizo de rexistro de alcumes.

              db_host
                     O nome do servidor da base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_name
                     O nome da base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_user
                     O   nome   do  usuario  co  que  iniciar  sesión  na  base  de  datos  (para
                     «user_handler=forum»).

              db_password
                     O contrasinal de dito usuario (para «user_handler=forum»).

              db_users_table
                     O nome da táboa na que o foro phpbb  almacena  os  datos  do  usuario  (para
                     «user_handler=forum»).   O   máis   probábel   é   que   dita   táboa   sexa
                     <prefixo-da-táboa>_users (por exemplo, «phpbb3_users»).

              db_extra_table
                     O nome da táboa na que wesnothd gardará os seus propios datos  dos  usuarios
                     (para  «user_handler=forum»).  Terás  que  crear  a  táboa  manualmente, por
                     exemplo mediante: CREATE TABLE <nome-da-táboa>(username VARCHAR(255) PRIMARY
                     KEY,  user_lastvisit  INT  UNSIGNED  NOT  NULL  DEFAULT 0, user_is_moderator
                     TINYINT(4) NOT NULL DEFAULT 0);

              user_expiration
                     O  tempo  en  días  tras  o  cal  caducan  os  alcumes   rexistrados   (para
                     «user_handler=sample»).

       [mail]  configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor de usuarios pode enviar correos
       electrónicos. Actualmente só o utiliza o xestor de usuarios de exemplo.

              server O nome do servidor de correo.

              username
                     O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de correo electrónico.

              password
                     O contrasinal dese usuario.

              from_address
                     O enderezo do remitente da mensaxe.

              mail_port
                     O porto no que se executa o servidor de  correo  electrónico.  O  seu  valor
                     predeterminado é «25».

ESTADO AO SAÍR

       Cando  o servidor se apague correctamente o estado ao saír será «0». Será «2» de houber un
       erro coa liña de ordes.

AUTORES

       Autor orixinal: David White  <davidnwhite@verizon.net>.  Modificacións  posteriores:  Nils
       Kneuper  <crazy-ivanovic@gmx.net>,  ott  <ott@gaon.net>,  Soliton <soliton.de@gmail.com> e
       Thomas Baumhauer <thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril  Bouthors
       <cyril@bouthors.org>.
       Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

       Copyright © 2003-2013, David White <davidnwhite@verizon.net>
       Isto  é  software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza
       GNU GPL, tal e como foi publicada pola  Free  Software  Foundation.  Non  existe  NINGUNHA
       garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

       wesnoth(6).