Provided by: kde-l10n-gl_15.12.3-0ubuntu1.1_all bug

NOME

       qtoptions - Opcións habituais da liña de comandos para todos os programas baseados nas
       bibliotecas Qt

SINOPSE

       Programa baseado en Qt [Opcións xenéricas de Qt]

OPCIÓNS

       As seguintes opcións son de aplicación a todos os programas baseados en Qt(TM):

       --display nomeDisplay
           Usa o display nomeDisplay do servidor das X.

       --session sessionId
           Restaura o programa para a sessionId que se indica.

       --cmap
           Fai que o programa instale un mapa de cores privado nun display de 8-bits.

       --ncols número
           Limita o número de cores reservadas no cubo de cores dun display de 8-bits, se o
           programa está a usar a especificación de cor QApplication::ManyColor.

       --nograb
           Indicalle a Qt(TM) que nunca capture o rato nen o teclado.

       --dograb
           Unha execución dentro dun depurador pode provocar un --nograb implícito, use -dograb
           para sobrescreber.

       --sync
           Muda para o modo sincrónico para depuración de erros.

       --fn,--font nomeFonte
           Define o tipo de letra do programa.

       --bg,--background cor
           Configura a cor de fondo por omisión e unha paleta do programa (as sombras claras e
           escuras son calculadas).

       --fg,--foreground cor
           Configura a cor por omisión de primeiro plano

       --btn,--button cor
           Configura a cor por omisión dos botóns.

       --name nome
           Estabelece o nome do programa.

       --title título
           Estabelece o título do programa (para a barra de título).

       --visual TrueColor
           Obriga ao programa a usar un aspeito TrueColor nun display de 8-bits.

       --inputstyle estilo de entrada
           Estabelece o estilo de entrada de XIM (X Input Method). Os valores posíbeis son
           onthespot, overthespot, offthespot e root.

       --im servidor XIM
           Indica o servidor XIM.

       --noxim
           Deshabilita o XIM

       --reverse
           inverte a disposición dos widgets

       --stylesheet ficheiro.qss
           aplica a folla de estilos de Qt aos widgets do programa

CONSULTE TAMÉN

       kdeoptions(7)

AUTORES

       Páxina de manual escrita por Lauri Watts <lauri@kde.org>

AUTOR

       Lauri Watts <lauri@kde.org>
           Autor.