Provided by: aptitude_0.7.4-2ubuntu2_amd64 bug

NOME

       aptitude - interface a pantalla completa para o xestor de paquetes.

SINOPSE

       aptitude

DESCRICIÓN

       aptitude é unha interface en modo texto para o sistema de paquetes de Debian GNU/Linux.
       Permítelle  ao  usuario  ve-la lista de paquetes e realizar tarefas de xestión de paquetes
       coma a instalación, actualización e eliminación de paquetes. Por defecto,  aptitude  deixa
       dispoñibles as seguintes teclas e comandos:

       q      Saír do contexto actual, gravando os cambios.

       x      Saír do contexto actual, abandonando os cambios.

       ?      Amosar unha pantalla de axuda en liña.

       Arriba, j
              Move-la barra de selección un elemento cara a arriba.

       Abaixo, k
              Move-la barra de selección un elemento cara a abaixo.

       ^      Move-la barra de selección cara ao pai do elemento actual.

       Intro  Expandir ou contraer un grupo de paquetes.

       [      Expandir unha árbore de paquetes completa.

       ]      Contraer unha árbore de paquetes completa.

       Intro, i
              Amosar información acerca dun paquete.

       +      Cancela-lo borrado dun paquete, ou solicita-la súa instalación ou actualización.

       -      Cancela-la instalación dun paquete, ou solicita-la súa eliminación.

       =      Reter un paquete (ou quitalo da retención se é un paquete retido non actualizable).

       _      Solicita-la  eliminación  dun  paquete  e  tódolos  seus ficheiros de configuración
              ("purgar").

       u      Actualiza-las listas de paquetes dispoñibles.

       g      Realizar tódalas instalacións, eliminacións e actualizacións pendentes.

       Control-u
              Desface-la última acción ou conxunto de accións.

       /      Realizar unha busca.

              Repeti-la última busca.

       v      Amosar tódalas versións dun paquete dispoñibles.

OPCIÓNS

       A versión actual de aptitude non recoñece opcións de liña de comandos.

VER TAMÉN

       apt-get(1), apt(8), /usr/share/doc/aptitude/README.

AUTOR

       Esta páxina de manual escribiuna Daniel Burrows <Daniel_Burrows@brown.edu>.

TRADUCTOR

       Esta páxina de manual traduciuna Jacobo Tarrío Barreiro <jtarrio@trasno.net>.

                                              9/8/00                                  APTITUDE(8)