Provided by: wesnoth-1.14-server_1.14.9-1ubuntu5_amd64 bug

NOME

       wesnothd — Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste.

SINOPSE

       wesnothd [-dv] [-c ruta] [-p porto] [-t número] [-T número]
       wesnothd -V

DESCRICIÓN

       Xestiona    partidas    de    A    batalla    polo    Noroeste   con   varios   xogadores.   Véxanse   en
       «https://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en inglés) as ordes que acepta o servidor  a  través
       do cliente wesnoth (/query […]) ou do fifo.

OPCIÓNS

       -c ruta, --config ruta
              Indícalle a wesnothd onde atopar o ficheiro de configuración a usar. Véxase a sintaxe máis adiante
              na  sección  de  CONFIGURACIÓN  DO  SERVIDOR.  Pódese  recargar a configuración enviando SIGHUP ao
              proceso do servidor.

       -d, --daemon
              Executa wesnothd coma un servizo.

       -h, --help
              Indica as funcións das opcións de liña de ordes.

       --log-nivel=dominio_1,dominio_2,
              Establece o nivel de severidade dos dominios do  rexistro.   Pódese  usar  all  para  referirse  a
              calquera  dominio  do  rexistro.  Os  niveis  dispoñíbeis  son os seguintes: error (erro), warning
              (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é o nivel  predeterminado,  info  para  o
              dominio do servidor.

       -p porto, --port porto
              Asocia o servidor ao porto especificado. O porto predeterminado é o 15000.

       -t número, --threads número
              Define  o  número  máximo  de  fíos  efectivos  en espera para a entrada e saída de rede a n (5 de
              maneira predeterminada, máximo  30).

       -T número, --max-threads número
              Define o número máximo de fíos efectivos que se van crear. Se se define a 0 non terá límite (0 é o
              valor predeterminado).

       -V, --version
              Devolve o número da versión.

       -v, --verbose
              Activa o rexistro da depuración.

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

   A sintaxe xeral é a seguinte:
       [etiqueta]

              clave="valor"

              clave="valor,valor,…"

       [/etiqueta]

   Claves globais:
       allow_remote_shutdown
              Se se lle dá o valor no («non», valor  predeterminado),  as  solicitudes  de  apagado  e  reinicio
              ignoraranse  salvo  que  procedan  do  fifo.  Co valor yes («si») permitirase o apagado remoto por
              medio dunha «/query» realizada por un administrador.

       ban_save_file
              Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido con gzip— que o servidor poida ler e escribir.
              As vedas hanse gardar neste ficheiro e leranse de novo cando se inicie o servidor.

       compress_stored_rooms
              Determina se  se  debe  ler  e  escribir  o  ficheiro  de  salas  de  forma  comprimida.  O  valor
              predeterminado é yes («si»).

       connections_allowed
              O  número  de  conexións  permitidas  desde  un mesmo enderezo IP. 0 equivale a infinitas. O valor
              predeterminado é 5.

       disallow_names
              Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense empregar * e ?  como comodíns para  patróns.
              Véxase     glob(7)      para     máis     información.    Os    valores    predeterminados    son:
              *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.

       fifo_path
              A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor  —equivalente  ao  «/query  …»  desde  o
              xogo—.  Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor predeterminado durante a
              compilación (en principio /var/run/socket/wesnothd).

       max_messages
              O número máximo de mensaxes permitidas en messages_time_period (4 de maneira predeterminada).

       messages_time_period
              O período de tempo (en segundos) que se usa para  detectar  os  envíos  masivos  de  mensaxes  (10
              segundos de maneira predeterminada).

       motd   A mensaxe do día.

       new_room_policy
              Determina  quen pode crear novas salas no servidor. Os valores dispoñíbeis son everyone («todos»),
              registered (só os usuarios «rexistrados»), admin (só os «administradores») e  nobody  («ninguén»).
              Salvo que se indique o contrario, poden todos.

       passwd O  contrasinal  que  se utiliza para obter privilexios de administrador —por medio de /query admin
              contrasinal—.

       replay_save_path
              O directorio no que o servidor garda as repeticións das partidas (non esquezas a  barra  inclinada
              ao final, «/»). O seu valor predeterminado é «`'», o directorio no que se iniciou o wesnothd.

       restart_command
              A  orde  que  utiliza  o servidor para iniciar outro proceso de servidor por medio da orde restart
              («reiniciar»). Só se pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción allow_remote_shutdown.

       room_save_file
              Ruta a un ficheiro onde gardar a  información  das  salas.  Lerase  durante  a  inicialización  do
              servidor  e escribirase nel máis tarde. Se o ficheiro está baleiro ou non se forneceu unha ruta ao
              mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.

       save_replays
              Determina se o  servidor  gardará  as  repeticións  das  partidas  automaticamente.  O  seu  valor
              predeterminado é false («non»).

       versions_accepted
              Unha  lista  separada  por comas de cadeas de versión que o servidor aceptará. Pódense empregar os
              comodíns de patróns * e ?. O seu valor predeterminado será a versión do xogo correspondente.
              Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera versión.

       user_handler
              O nome do xestor de usuarios a empregar. Os xestores de usuarios dispoñíbeis actualmente son forum
              —para conectar wesnothd á base de datos dun foro phpbb—  e  sample  —unha  mostra  de  exemplo  da
              interface  do  xestor  de usuarios, hai que estar tolo para utilizala en algo de verdade—. O valor
              predeterminado é forum. Tamén hai que engadir unha sección [user_handler], véxase a continuación.

   Etiquetas globais:
       [redirect] é unha etiqueta para especificar un servidor ao que dirixir certas versións do cliente.

              host   O enderezo do servidor ao que dirixir os clientes.

              port   O porto da conexión.

              version
                     Unha lista separada por comas  de  versións  a  dirixir.  Compórtase  do  mesmo  xeito  que
                     versions_accepted no referente aos comodíns de patróns.

       [ban_time] é unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas para duracións de vedas temporais.

              name   O nome a usar para referirse á veda.

              time   A  duración. O formato é «%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será «s» (segundos), «m» (minutos), «h»
                     (horas), «D» (días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será un número. Se non se  fornece  un
                     modificador  de  tempo,  interpretarase  a  cantidade  indicada  como minutos. Por exemplo:
                     time="1D12h30m" é unha veda de 1 día, 12 horas e 30 minutos.

       [proxy] é unha etiqueta para que o servidor actúe  coma  proxy  e  dirixa  as  solicitudes  dos  clientes
       conectados ao servidor indicado. Acepta as mesmas claves que [redirect].

       [user_handler]  Configures  the  user handler. Available keys vary depending on which user handler is set
       with the user_handler key. If no [user_handler] section is present in the configuration the  server  will
       run   without   any   nick   registration  service.  All  additional  tables  that  are  needed  for  the
       forum_user_handler to function can be found in table_definitions.sql in the Wesnoth source repository.

              db_host
                     O nome do servidor da base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_name
                     O nome da base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_user
                     O nome do usuario co que iniciar sesión na base de datos (para «user_handler=forum»).

              db_password
                     O contrasinal de dito usuario (para «user_handler=forum»).

              db_users_table
                     O  nome  da  táboa  na  que  o  foro   phpbb   almacena   os   datos   do   usuario   (para
                     «user_handler=forum»).  O máis probábel é que dita táboa sexa <prefixo-da-táboa>_users (por
                     exemplo, «phpbb3_users»).

              db_extra_table
                     (for user_handler=forum) The name of the table in which wesnothd will  save  its  own  data
                     about users. You will have to create this table manually.

              db_game_info_table
                     (for  user_handler=forum)  The  name  of the table in which wesnothd will save its own data
                     about games.

              db_game_player_info_table
                     (for user_handler=forum) The name of the table in which wesnothd will  save  its  own  data
                     about the players in a game.

              db_game_modification_info_table
                     (for  user_handler=forum)  The  name  of the table in which wesnothd will save its own data
                     about the modifications used in a game.

              db_user_group_table
                     (for user_handler=forum) The name of the table in which your phpbb forums  saves  its  user
                     group data. Most likely this will be <table-prefix>_user_group (e.g. phpbb3_user_group).

              mp_mod_group
                     (for  user_handler=forum)  The  ID of the forum group to be considered as having moderation
                     authority.

              user_expiration
                     O tempo en días tras o cal caducan os alcumes rexistrados (para «user_handler=sample»).

       [mail] configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor de usuarios pode enviar  correos  electrónicos.
       Actualmente só o utiliza o xestor de usuarios de exemplo.

              server O nome do servidor de correo.

              username
                     O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de correo electrónico.

              password
                     O contrasinal dese usuario.

              from_address
                     O enderezo do remitente da mensaxe.

              mail_port
                     O  porto  no  que se executa o servidor de correo electrónico. O seu valor predeterminado é
                     «25».

ESTADO AO SAÍR

       Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír será «0». Será «2» de houber un erro  coa  liña
       de ordes.

AUTORES

       Autor   orixinal:   David   White  <davidnwhite@verizon.net>.  Modificacións  posteriores:  Nils  Kneuper
       <crazy-ivanovic@gmx.net>,  ott  <ott@gaon.net>,  Soliton  <soliton.de@gmail.com>   e   Thomas   Baumhauer
       <thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
       Visite o sitio web oficial: https://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

       Copyright © 2003-2018, David White <davidnwhite@verizon.net>
       Isto  é  software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e
       como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera  para  o  seu
       USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

       wesnoth(6)

wesnothd                                              2018                                           WESNOTHD(6)