Provided by: ktouch-data_21.12.3-1ubuntu1_all 

NOME
ktouch - Titor de mecanografía para o KDE
SINOPSE
ktouch [URL] [Opcións xenéricas do KDE] [Opcións xenéricas do Qt]
DESCRICIÓN
O KTouch é un programa para aprender a escribir nun teclado. Axuda a aprender a escribir nun teclado
rápida e correctamente. Cada dedo ten o seu sitio no teclado con teclas asociadas que premer.
O KTouch axuda a aprender a escribir nun teclado fornecendo un texto co que adestrarse e axústase a
niveis diferentes dependendo de como vaias. Pode mostrar a tecla que hai que premer a continuación e o
dedo correcto que hai que empregar.
Este aplicativo fai parte do módulo de educación oficial do KDE.
OPCIÓNS
URL
O ficheiro de adestramento que abrir
VEXA TAMÉN
Disponse de documentación do usuario máis detallada en help:/ktouch (introduza tanto este URL no
Konqueror como execute khelpcenter help:/ktouch).
Tamén hai máis información dispoñíbel no sitio web de Edutainment do KDE[1].
AUTORES
KTouch escribíronno Haavard Froeiland <haavard@users.sourceforge.net> e Andreas Nicolai
<Andreas.Nicolai@gmx.net>. Esta páxina de manual está baseada na preparada para Debian por Ben Burton
AUTOR
Ben Burton <bab@debian.org>
Autor.
NOTAS
1. sitio web de Edutainment do KDE
http://edu.kde.org/ktouch/
Ambiente de Escritorio K 30 May, 2005 KTOUCH(1)