Provided by: kdesdk-scripts_23.08.1-0ubuntu1_all bug

NOME

       cvscheck - Informa do estado fora de liña dos ficheiros nun módulo CVS obtido.

SINOPSE

       cvscheck [dir]

DESCRICIÓN

       cvscheck imprime información acerca do estado da súa copia local do CVS sen comunicarse co
       servidor. Isto implica que é extremadamente rápido e non requere unha conexón de rede.

       O directorio dado e todos os seus subdirectorios serán procesados recursivamente. Se non
       indica un directorio, será usado o actual e os seus subdirectorios.

       Cada ficheiro cun estado interesante será mostrado xunto cun caracter enfronte do seu nome
       para indicar o estado. Estes caracteres son os seguintes.

       ? foobar.c
           O ficheiro non é coñecido polo CVS

       M foobar.c
           O ficheiro foi modificado localmente

       m foobar.c
           Puidera ser que o ficheiro teña modificacións locais. Debería facer un diff co
           servidor para verificalo.

       C foobar.c
           O ficheiro ten un conflito co CVS e non pode ser entregado.

       U foobar.c
           O ficheiro está no CVS pero falta na súa copia local.

       T foobar.c
           O ficheiro ten unha marca CVS de pegoñento pouco frecuente.

       A foobar.c
           Fixo un cvs add para este ficheiro, pero aínda non a entregou.

       R foobar.c
           Fixo un cvs rm deste ficheiro, pero aínda non o entregou.

       Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

CONSULTE TAMÉN

       cvs(1)

AUTORES

       cvscheck foi escrito por Dirk Müller <mueller@kde.org> e Sirtaj.Singh.Kang; <taj@kde.org>

       Esta páxina de manual foi elaborada por Ben Burton <bab@debian.org> para o sistema Debian
       GNU/Linux (pero pode ser usada por outros).

[FIXME: source]                         8 de marzo de 2003                            CVSCHECK(1)