Provided by: kmplot_23.08.1-0ubuntu1_amd64 bug

NOME

       kmplot - representador de funcións matemáticas

SINOPSE

       kmplot [file] [KDE Generic Options] [Qt(TM) Generic Options]

DESCRICIÓN

       KmPlot é un representador de funcións matemáticas para o Escritorio KDE. Incorpora un
       potente procesador de expresións. Pode representar á vez diferentes funcións e combinalas
       para construír funcións novas.

       KmPlot permite usar funcións paramétricas e funcións en coordenadas polares. Admite varios
       modos de grella. As gráficas poden ser impresas con precisión alta na escala correcta.

       KmPlot tamén fornece algunhas funcionalidades numéricas e visuais, como preencher e
       calcular a área entre a gráfica e o primeiro eixo, achar valores extremos, alterar
       dinamicamente parámetros das funcións e representar ecuacións diferenciais e integrais.

       KmPlot forma parte do módulo educativo de KDE.

OPCIÓNS

       ficheiro
           Ficheiro para abrir

CONSULTE TAMÉN

       Está dispoñíbel documentación máis detallada para o usuario en help:/kmplot (podes
       introducir este URL en Konqueror, ou executar khelpcenterhelp:/kmplot).

       Hai máis información dispoñíbel no sitio web do proxecto educativo de KDE[1].

AUTORES

       KmPlot foi escrito por Klaus-Dieter Möller <kdmoeller@foni.net>, Matthias Messmer
       <bmlmessmer@web.de> e Fredrik Edemar <f_edemar@linux.se>

AUTOR

       Ben Burton <bab@debian.org>
           Autor.

NOTAS

        1. sitio web do proxecto educativo de KDE
           http://edu.kde.org/kmplot/