Provided by: kdesdk-scripts_24.11.90-0ubuntu1_all bug

NOME

       cheatmake - engaña a make para non recompilar certos ficheiros

SINOPSE

       cheatmake [hidechangeficheiro] [show] [whyficheiro]

DESCRICIÓN

       cheatmake é usado para aforrar tempo ao recompilar. Pode engañar a make para que salte
       ficheiros que non fosen modificados dun xeito significativo. Pode ser usado, por exemplo,
       se modifica un comentario nun ficheiro pero non o código efectivo.

       Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

OPCIÓNS

       hidechange ficheiro
           Acocha a modificación do ficheiro mudándolle o selo temporal cara o pasado. Use con
           precaución!

       show
           Lista os ficheiros que make debe recompilar na actualidade

       why ficheiro
           Explica por que debe recompilar make o ficheiro

AMBIENTE

       Unha das seguintes variábeis (pero non ambas as dúas) debe estar configurada se o
       directorio das fontes non é o mesmo que o do código obxecto. Se o do código obxecto é
       simplesmente un subdirectorio do das fontes, debe usarse a variábel OBJ_SUBDIR, máis
       simples.

       OBJ_SUBJDIR
           Indica que o directorio do código obxecto está no subdirectorio indicado do das
           fontes. Por exemplo, se o directorio das fontes é kdesdk e o do código obxecto é
           kdesdk/obj-i386-linux, entón OBJ_SUBDIR debe ser obj-i386-linux.

       OBJ_REPLACEMENT
           Unha expresión de sed que é usada para transformar o directorio das fontes no de
           compilación. Por exemplo, se o das fontes é kdesdk/obj-i386-linux, entón
           OBJ_REPLACEMENT debe configurarse como s#kdesdk#kdesdk-obj#.

CONSULTE TAMÉN

       make(1)

AUTORES

       cheatmake foi escrito por David Faure <faure@kde.org>. Esta páxina de manual foi escrita
       por Ben Burton <bab@debian.org> para o sistema Debian GNU/Linux® (pero pode ser usada por
       outros).

[FIXME: source]                         8 de marzo de 2003                           CHEATMAKE(1)