Provided by: kdesdk-scripts_24.11.90-0ubuntu1_all bug

NOME

       create_makefiles - Cria de novo todos os ficheiros Makefile dun directorio

SINOPSE

       create_makefiles [dir]

DESCRICIÓN

       create_makefiles cria de novo todos os Makefiles en dir e non seus subdirectorios
       (recursivamente) a partir dos modelos Makefile.am correspondentes.

       Este guión debe ser executado desde o directorio raíz (o que conte o "configure". Aforra
       tempo comparado con executar "configure" por enteiro.

       Se o directorio das fontes é diferentes do do código obxecto (consulte as variábeis de
       contorno en baixo), asumirase que cada Makefile.am e Makefile.in pertencen baixo os
       directorio das fontes e que os Makefile ao de compilación.

       Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

AMBIENTE

       Unha das seguintes variábeis (pero non ambas as dúas) debe ser configurada se o directorio
       das fontes é diferente ao do código obxecto. Se o do código obxecto é un subdirectorio do
       das fontes, debe usarse a variábel OBJ_SUBDIR.

       OBJ_SUBJDIR
           Indica que o directorio do código obxecto está no subdirectorio especificado baixo o
           directorio das fontes. Por exemplo, se o directorio das fontes é kdesdk e o do código
           obxecto é kdesdk/obj-i386-linux, entón OBJ_SUBDIR debe axustarse a obj-i386-linux.

       OBJ_REPLACEMENT
           Unha expresión de sed que é usada para transformar o directorio das fontes no de
           código obxecto. Por exemplo, se o directorio das fontes é kdesdk, entón
           OBJ_REPLACEMENT debe ser s#kdesdk#kdesdk-obj#.

CONSULTE TAMÉN

       create_makefile(1) make(2)

AUTORES

       create_makefiles foi escrito por David Faure <faure@kde.org>.

       Esta páxina de manual foi elaborada escrita Ben Burton <bab@debian.org> para o sistema
       Debian GNU/Linux (pero pode ser usada por outros).

                                                                               CREATE_MAKEFILES()