Provided by: kdesdk-scripts_24.11.90-0ubuntu1_all
NOME
cvscheck - Informa do estado fora de liña dos ficheiros nun módulo CVS obtido.
SINOPSE
cvscheck [dir]
DESCRICIÓN
cvscheck imprime información acerca do estado da súa copia local do CVS sen comunicarse co servidor. Isto implica que é extremadamente rápido e non requere unha conexón de rede. O directorio dado e todos os seus subdirectorios serán procesados recursivamente. Se non indica un directorio, será usado o actual e os seus subdirectorios. Cada ficheiro cun estado interesante será mostrado xunto cun caracter enfronte do seu nome para indicar o estado. Estes caracteres son os seguintes. ? foobar.c O ficheiro non é coñecido polo CVS M foobar.c O ficheiro foi modificado localmente m foobar.c Puidera ser que o ficheiro teña modificacións locais. Debería facer un diff co servidor para verificalo. C foobar.c O ficheiro ten un conflito co CVS e non pode ser entregado. U foobar.c O ficheiro está no CVS pero falta na súa copia local. T foobar.c O ficheiro ten unha marca CVS de pegoñento pouco frecuente. A foobar.c Fixo un cvs add para este ficheiro, pero aínda non a entregou. R foobar.c Fixo un cvs rm deste ficheiro, pero aínda non o entregou. Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.
CONSULTE TAMÉN
cvs(1)
AUTORES
cvscheck foi escrito por Dirk Müller <mueller@kde.org> e Sirtaj.Singh.Kang; <taj@kde.org> Esta páxina de manual foi elaborada por Ben Burton <bab@debian.org> para o sistema Debian GNU/Linux (pero pode ser usada por outros). [FIXME: source] 8 de marzo de 2003 CVSCHECK(1)