Provided by: kmplot_23.08.5-0ubuntu4_amd64
NOME
kmplot - representador de funcións matemáticas
SINOPSE
kmplot [file] [KDE Generic Options] [Qt(TM) Generic Options]
DESCRICIÓN
KmPlot é un representador de funcións matemáticas para o Escritorio KDE. Incorpora un potente procesador de expresións. Pode representar á vez diferentes funcións e combinalas para construír funcións novas. KmPlot permite usar funcións paramétricas e funcións en coordenadas polares. Admite varios modos de grella. As gráficas poden ser impresas con precisión alta na escala correcta. KmPlot tamén fornece algunhas funcionalidades numéricas e visuais, como preencher e calcular a área entre a gráfica e o primeiro eixo, achar valores extremos, alterar dinamicamente parámetros das funcións e representar ecuacións diferenciais e integrais. KmPlot forma parte do módulo educativo de KDE.
OPCIÓNS
ficheiro Ficheiro para abrir
CONSULTE TAMÉN
Está dispoñíbel documentación máis detallada para o usuario en help:/kmplot (podes introducir este URL en Konqueror, ou executar khelpcenterhelp:/kmplot). Hai máis información dispoñíbel no sitio web do proxecto educativo de KDE[1].
AUTORES
KmPlot foi escrito por Klaus-Dieter Möller <kdmoeller@foni.net>, Matthias Messmer <bmlmessmer@web.de> e Fredrik Edemar <f_edemar@linux.se>
AUTOR
Ben Burton <bab@debian.org> Autor.
NOTAS
1. sitio web do proxecto educativo de KDE http://edu.kde.org/kmplot/