Provided by: kde-l10n-gl_4.13.0-0ubuntu1_all 

NOME
kig - un programa de xeometría interactiva para o
SINOPSE
kig [-c, --convert-to-native [-o, --outfile nome do ficheiro]] [Opcións xenéricas do KDE]
[Opcións xenéricas do Qt]
DESCRICIÓN
O Kig é un aplicativo para a xeometría interactiva. Pretende cumprir dous obxectivos:
• Permitir que os estudantes exploren interactivamente as figuras e os conceptos matemáticos utilizando
o computador;
• Servir como ferramenta WYSIWYG ("o que se ve é o que se obtén") para deseñar figuras matemáticas e
incluílas noutros documentos.
Con este programa pódese facer xeometría nun computador igual que nun encerado nunha aula. Porén, o
programa permite mover e modificar partes dun debuxo xeométrico para ver así que outras partes resultan
alteradas como consecuencia.
O Kig admite lugares xeométricos e macros definidas polo usuario. Tamén importa e exporta formatos de
ficheiros alleos, como os de Cabri, Dr. Geo, KGeo, KSeg e XFig.
Este aplicativo fai parte do módulo de educación oficial do KDE.
OPCIÓNS
App options, in a variablelist
-c, --convert-to-native
Non mostrar unha GUI. Convertir o ficheiro indicado para o formato nativo do Kig. Este vai para a
saída normal a menos que se lle pase Kig--outfile.
-o, --outfile nome de ficheiro
Emprégase con --convert-to-native para indicar onde gravar o ficheiro creado novo do Kig. De non
especificar esta opción ou non indicar un nome de ficheiro con -, o ficheiro vai para a saída normal.
VEXA TAMÉN
Está dispoñíbel documentación máis detallada para o usuario en help:/kig (podes introducir este URL en
Konqueror, ou executar khelpcenterhelp:/kig).
Hai máis información dispoñíbel no sitio web do proxecto educativo de KDE[1].
AUTORES
O Kig escribírono Dominique Devriese<devriese@kde.org>, Maurizio Paolini<paolini@dmf.bs.unicatt.it>,
Franco Pasquarelli<pasqui@dmf.bs.unicatt.it>, Pino Toscano<toscano.pino@tiscali.it>e outros.
Esta páxina de manual está baseada na preparada para Debian por Ben Burton<bab@debian.org>.
AUTOR
Ben Burton <bab@debian.org>
Autor.
NOTAS
1. sitio web do proxecto educativo de KDE
http://edu.kde.org/kig/
Ambiente de Escritorio K May 25, 2005 KIG(1)