Provided by: xfce4-terminal_0.6.3-1ubuntu1_amd64 bug

NAME

       xfce4-terminal - Un emulador de terminal para as X

SINOPSE


       xfce4-terminal [OPCIÓN...]

DESCRICIóN

       xfce4-terminal é o que se coñece como emulador de terminal X, a miúdo chamada terminal ou shell.
       Proporciona un equivalente a desfasada pantalla de texto no seu escritorio, pero que pode compartir a
       pantalla facilmente con outros aplicativos gráficos. Os usuarios de Windows pode que estean
       familiarizados ca utilidade MS-DOS, que ten a función análoga de ofrecer unha liña de ordes DOS en
       Windows, aínda que debe ter en conta que a CLI de UNIX é moito máis potente e fácil de usar que a de DOS.

       xfce4-terminal emula ao aplicativo xterm desenvolvido polo X Consortium. En cambio, o aplicativo xterm
       emula á terminal do DEC VT102 e tamén soporta as secuencias de escape do DEC VT220. Unha secuencia de
       escape é unha serie de caracteres que comezan co carácter Esc. xfce4-terminal acepta todas as secuencias
       de escape que usan as terminais do VT102 e do VT220 usan para funcións como situar o cursor e limpar a
       pantalla.

OPCIóNS

   Resumo de opcións
       Aquí ten un resumo de todas as opcións, agrupadas por tipo. As explicacións están nas seguintes seccións.

       Opcións xerais
           -h, --help; -V, --version; --disable-server; --color-table; --default-display=pantalla;
           --default-working-directory=directorio

       Separadores de xanelas ou lapelas
           --tab; --window

       Opcións de lapelas
           -x, --execute; -e, --command=orde; --working-directory=directorio; -T, --title=título; -H, --hold

       Opcións de xanela
           --display=pantalla; --drop-down; --geometry=xeometría; --role=rol; --startup-id=cadea; -I,
           --icon=icona; --fullscreen; --maximize; --show-menubar, --hide-menubar; --show-borders,
           --hide-borders; --show-toolbar, --hide-toolbar

   Opcións xerais
       -h, --help
           Lista as diferentes opcións de liña de ordes que admite xfce4-terminal e sae

       -V, --version
           Mostrar a información da versión e saír

       --disable-server
           Non rexistrarse co bus de mensaxes de sesión D-BUS

       --color-table
           Echo the color codes

       --default-display=pantalla
           A pantalla das X predeterminada que se vai usar.

       --default-working-directory=directorio
           Define directorio como directorio de traballo predeterminado para a terminal

   Separadores de xanelas ou lapelas
       --tab
           Abrir unha nova lapela na última xanela especificada; pódese proporcionar máis dunha destas opcións.

           If you use this as the first option, without --window separators, the last window will be re-used.

       --window
           Abrir unha nova xanela cunha soa lapela; pódese proporcionar máis dunha destas opcións.

   Opcións de lapelas
       -x, --execute
           Executa o resto da liña de ordes na terminal

       -e, --command=orde
           Executar orde na terminal

       --working-directory=directorio
           Define directorio como directorio de traballo para a terminal

       -T, --title=título
           Define título como título da xanela inicial de terminal

       -H, --hold
           Fai que se manteña a terminal despois de que termine a orde filla

   Opcións de xanela
       --display=pantalla
           Pantalla X a usar para a última xanela especificada.

       --drop-down
           Will start the window in drop-down mode (also called a Quake-style terminal). This will only apply to
           the first window started with this option. It is advised to bind this to a shortcut in the keyboard
           preferences.

       --geometry=xeometría
           Define a xeometría da última xanela especificada a geometry. Consulte X(7) para obter máis
           información sobre como especificar as xeometrías das xanelas.

       --role=rol
           Sets the window role of the last-specified window to role. Applies to only one window and can be
           specified once for each window you create from the command line. The role is a unique identifier for
           the window to be used when restoring a session.

       --startup-id=cadea
           Especifica a notificación de inicio da última xanela especificada. Úsase internamente para reenviar o
           id de notificación de inicio usando o servizo D-BUS.

       -I, --icon=icona
           Define a icona da terminal como un nome de icona ou un nome de ficheiro.

       --fullscreen
           Poñer a última xanela especificada en modo pantalla completa; só se aplica a unha xanela; pode
           especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de ordes.

       --maximize
           Poñer a última xanela especificada en modo maximizado; só se aplica a unha xanela; pode especificarse
           unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de ordes.

       --show-menubar
           Activa a barra de menú para a última xanela especificada. Pode especificarse unha vez por cada xanela
           que se crea dende a liña de ordes.

       --hide-menubar
           Desactiva a barra de menú para a última xanela especificada. Pode especificarse unha vez por cada
           xanela que se crea dende a liña de ordes.

       --show-borders
           Activar as decoracións de xanela para a última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela. Pode
           especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de ordes.

       --hide-borders
           Desactivar as decoracións de xanela para a última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela.
           Pode especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de ordes.

       --show-toolbar
           Turn on the toolbar for the last-specified window. Applies to only one window. Can be specified once
           for each window you create from the command line.

       --hide-toolbar
           Turn off the toolbar for the last-specified window. Applies to only one window. Can be specified once
           for each window you create from the command line.

EXEMPLOS

       xfce4-terminal --geometry 80x40 --command mutt --tab --command mc
           Abre unha nova xanela de terminal cunha xeometría de 80 columnas e 40 filas e dúas lapelas, na que na
           primeira lapela se executa mutt e na segunda lapela se executa mc.

CONTORNO

       xfce4-terminal uses the Basedir Specification as defined on Freedesktop.org[1] to locate its data and
       configuration files. This means that file locations will be specified as a path relative to the
       directories described in the specification.

       ${XDG_CONFIG_HOME}
           O primeiro directorio no que se han buscar os ficheiros de configuración. Por defecto está definido a
           ~/.config/.

       ${XDG_CONFIG_DIRS}
           Un lista separada por comas de directorios base que conteñen datos de configuración. Por defecto o
           aplicativo mirará en filename role="directory">${sysconfdir}/xdg/

       ${XDG_DATA_HOME}
           A raíz de tódolos ficheiros de datos específicos do usuario. Por defecto é ~/.local/share/.

       ${XDG_DATA_DIRS}
           Un conxunto de directorios base ordenados por preferencia relativos nos cales se deben buscar os
           ficheiros de datos ademais de no directorio base ${XDG_DATA_HOME}. Os directorios deben separarse con
           comas.

FICHEIROS

       ${XDG_CONFIG_DIRS}/xfce4/terminal/terminalrc
           Esta é a localización do ficheiro de configuración que inclúe as preferencias que controlan o aspecto
           e mailo comportamento de xfce4-terminal.

VEXA TAMéN

       bash(1), X(7)

AUTHORS

       Nick Schermer <nick@xfce.org>
           Desenvolvedor

       Benedikt Meurer <benny@xfce.org>
       Desenvolvedor de software, os-cillation, Desenvolvemento do sistema,
           Desenvolvedor

NOTES

        1. Freedesktop.org
           http://freedesktop.org/

xfce4-terminal 0.6.3                               12/26/2013                                  XFCE4-TERMINAL(1)