Provided by: wesnoth-1.10-core_1.10.7-1ubuntu0.14.04.1_amd64 bug

NOME

       wesnoth  —  A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo
       fantástico.

SINOPSE

       wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]

DESCRICIÓN

       A batalla polo  Noroeste  é  un  xogo  de  estratexia  por  roldas  ambientado  nun  mundo
       fantástico.

       Derrota  a  todos  os  líderes  inimigos  escollendo  sabiamente  as  tropas e xestionando
       coidadosamente os recursos  de  ouro  e  vilas.  Todas  as  unidades  teñen  fortalezas  e
       debilidades  de  seu.  Para  gañar,  desprega  as  túas  forzas  de  xeito  que aproveiten
       completamente o seu potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo.  A  medida  que  as
       unidades consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse máis fortes. Xoga
       na lingua que queiras e pon a proba as túas habilidades contra a intelixencia  artificial,
       ou  únete  á  enorme  comunidade internacional de xogadores que se reúne en internet. Crea
       unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e compárteo todo co resto da comunidade.

OPCIÓNS

       --bpp número
              Establece a cantidade de bits por píxel. Por exemplo: --bpp 32.

       -c, --campaign  [<identificador da campaña>]
              Ir directamente á campaña indicada co identificador indicado. Se non se  indica  un
              identificador,  aparecerá  un  menú  de  escolla.  Nota:  ao  empregar  esta opción
              asegúrese tamén de  indicar  o  directorio  dos  datos  como  argumento  final,  ou
              asumirase que o identificador é dito directorio.

       --campaign-difficulty <dificultade>
              A  dificultade  da  campaña  indicada  (do  1  ao  máximo). Se non se especificase,
              aparecería un diálogo de escolla da dificultade da campaña.

       --campaign-scenario <identificador do escenario>
              O identificador  do  escenario  da  campaña  indicada.  De  omitirse  o  parámetro,
              empregarase o primeiro escenario.

       --config-dir nome
              Define  nome  coma o nome do cartafol da configuración do usuario no seu directorio
              persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos»  en  Windows.  Tamén  podes
              indicar  unha  ruta  absoluta  para  o  directorio  da configuración fóra dos antes
              mencionados.

       --config-path
              Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.

       --data-dir <directorio>
              Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.

       -d, --debug
              Activa  opcións  adicionais  no  modo  de  ordes  do  xogo.  Consulta  o  wiki   en
              «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode»  (en  inglés)  para  máis información sobre o
              modo de ordes do xogo.

       -e, --editor ficheiro
              Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se indica un  ficheiro,  fai  o
              mesmo que -l --load.

       --fps  Mostra  nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo ao que se está
              executando o xogo.

       -f, --fullscreen
              Executa o xogo a pantalla completa.

       --gunzip ficheiro_de_entrada.gz
              Descomprime un ficheiro que debería estar en formato GZIP e  gárdao  sen  o  sufixo
              «.gz». Borrarase o ficheiro_de_entrada.gz.

       --gzip ficheiro_de_entrada
              Comprime  un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma ficheiro_de_entrada.gz e borra o
              ficheiro_de_entrada.

       -h, --help
              Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.

       -l, --load ficheiro
              Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar. Se tamén  se  usan  as
              opcións  -e  ou  --editor,  iníciase  o  editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un
              directorio, o editor iniciarase cun diálogo  de  carga  de  mapas  aberto  en  dito
              directorio.

       --log-nivel=dominio_1,dominio_2,
              Establece  o  nivel  de  severidade dos dominios do rexistro.  Pódese usar all para
              referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son  os  seguintes:
              error  (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é o
              nivel predeterminado.

       --logdomains [filtro]
              Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que conteñan o filtro se se usa).

       --max-fps
              O número máximo de fotogramas por segundo que pode empregar o xogo.  O  valor  debe
              estar entre «1» e «1000», sendo 50 o valor predeterminado.

       -m, --multiplayer
              Executa  unha  partida  de  varios  xogadores.  Hai  opcións  adicionais  que poden
              empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica máis abaixo. --multiplayer
              só pode ir seguido destas opcións adicionais.

       --no-delay
              Executa  o  xogo  sen  atrasos  para  probas  de  rendemento gráfico. Isto actívase
              automaticamente con --nogui.

       --nocache
              Desactiva a caché de datos do xogo.

       --nomusic
              Executa o xogo sen música.

       --nosound
              Executa o xogo sen sons e sen música.

       --path Devolve o directorio de datos do xogo.

       --preprocess,     -p[=<definición_1>,<definición_2>,…]     <ficheiro     ou      cartafol>
       <directorio_de_destino>
              Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros escribiranse no
              directorio de destino indicado: un ficheiro “cfg” simple e outro procesado.  Se  se
              indica  un  cartafol,  preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras
              para o preprocesador coñecidas. Os macros comúns  dos  directorios  dos  datos,  do
              núcleo   e   dos   macros   preprocesaranse   antes   que  os  recursos  indicados.
              definición_1,definición_2,... son as definicións adicionais que se engadirán  antes
              de  preprocesar  os  ficheiros.  Se quere engadilas terá que prefixalas co carácter
              «=». Se «SKIP_CORE» está na lista de definicións o directorio  dos  datos  e  o  do
              núcleo  non  se  preprocesarán.  Por  exemplo: -p ~/wesnoth/data/campaigns/tutorial
              ~/result ou -p=MULTIPLAYER,MY_OWN_CAMPAIGN ~/wesnoth/data/campaign/camp ~/result.

       --preprocess-input-macros <ficheiro_fonte>
              Só o emprega a orde «--preprocess». Especifica un  ficheiro  con  definicións  para
              antes do preprocesamento.

       --preprocess-output-macros [<ficheiro_obxectivo>]
              Só  o  emprega  a  orde  «--preprocess».  Devolve  todos os macros preprocesados do
              ficheiro obxectivo. Se non se especifica  un  ficheiro  devolverá  os  do  ficheiro
              «_MACROS_.cfg» do directorio obxectivo da orde «--preprocess». Este modificador ten
              que escribirse antes da orde «--preprocess».

       -r XxY, --resolution XxY
              Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r 800x600.

       -s, --server [máquina]
              Conéctase á máquina especificada se existe, senón conéctase ao primeiro servidor da
              configuración. Por exemplo: --server server.wesnoth.org.

       --strict-validation
              Os erros de corrección trátanse coma erros graves.

       -t, --test
              Executa o xogo nun pequeno escenario de proba.

       --validcache
              Asume que a caché está ben (perigoso).

       -v, --version
              Devolve o número da versión.

       -w, --windowed
              Executa o xogo nunha xanela.

       --with-replay
              Reproduce a partida cargada coa opción --load.

Opcións para --multiplayer

       As  opcións  para partidas con varios xogadores específicas dun bando márcanse cun número.
       «número» tense que substituír polo número do bando. Normalmente é «1» ou «2», pero depende
       do número de xogadores que permita o escenario escollido.

       --ai_confignúmero=valor
              Escolle  un  ficheiro  de configuración a cargar para a intelixencia artificial que
              controla o bando especificado.

       --algorithmnúmero=valor
              Fai que a intelixencia artificial  do  bando  indicado  empregue  o  algoritmo  non
              estándar indicado. Os seus posíbeis valores son idle_ai e sample_ai.

       --controllernúmero=valor
              Decide quen controla o bando indicado. Os valores dispoñíbeis son: human e ai.

       --era=valor
              Usa  esta  opción  para  xogar  na era seleccionada en vez de na era predeterminada
              (Default). A era elíxese mediante un identificador. As eras descríbense no ficheiro
              data/multiplayer/eras.cfg.

       --exit-at-end
              Sae  do  xogo  unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo de vitoria ou
              derrota que requira que o usuario prema  «Aceptar».  Isto  tamén  se  emprega  para
              probas de rendemento automatizadas mediante scripts.

       --nogui
              Executa  o  xogo  sen  interface gráfica. Debe aparecer antes de --multiplayer para
              funcionar correctamente.

       --parmnúmero=nome:valor
              Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro  depende  das  opcións
              usadas  con  --controller e --algorithm. Só debería resultarlle útil a quen estea a
              deseñar  a  súa  propia  intelixencia  artificial  (aínda  non  está  completamente
              documentado).

       --scenario=valor
              Selecciona   un   escenario   con   varios  xogadores  polo  seu  identificador.  O
              identificador do escenario por omisión é multiplayer_The_Freelands.

       --sidenúmero=valor
              Escoller unha facción da era actual para bando número  número.  A  facción  elíxese
              mediante    un    identificador.    As    faccións    descríbense    no    ficheiro
              «data/multiplayer.cfg».

       --turns=valor
              Establece  o  número  de  roldas  para  o  escenario   elixido.   50   de   maneira
              predeterminada.

ESTADO AO SAÍR

       Se  a situación ao saír é normal, o estado ao saír será «0». «1» correspóndese cun erro de
       inicialización —ben do SDL, da configuración de vídeo,  dos  tipos  de  letra,  etc—.  «2»
       indica que o erro se produciu coas opcións da liña de ordes.

AUTORES

       Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
       Modificacións  posteriores:  Nils  Kneuper  <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net> e
       Soliton <soliton.de@gmail.com>.
       Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
       Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

       Copyright © 2003-2013, David White <davidnwhite@verizon.net>
       Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2  da  licenza
       GNU  GPL,  tal  e  como  foi  publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA
       garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

       wesnothd(6).