wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]
A batalla polo Noroeste é un xogo de estratexia por
roldas ambientado nun mundo fantástico.
Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente
as tropas e xestionando coidadosamente os recursos de ouro e vilas. Todas as
unidades teñen fortalezas e debilidades de seu. Para gañar,
desprega as túas forzas de xeito que aproveiten completamente o seu
potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo. A medida que as unidades
consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse
máis fortes. Xoga na lingua que queiras e pon a proba as túas
habilidades contra a intelixencia artificial, ou únete á
enorme comunidade internacional de xogadores que se reúne en
internet. Crea unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e
compárteo todo co resto da comunidade.
- --bpp número
- Establece a cantidade de bits por píxel. Por exemplo: --bpp
32.
- -c, --campaign
[<identificador da campaña>]
- Ir directamente á campaña indicada co identificador
indicado. Se non se indica un identificador, aparecerá un
menú de escolla. Nota: ao empregar esta opción
asegúrese tamén de indicar o directorio dos datos como
argumento final, ou asumirase que o identificador é dito
directorio.
- --campaign-difficulty
<dificultade>
- A dificultade da campaña indicada (do 1 ao máximo). Se non
se especificase, aparecería un diálogo de escolla da
dificultade da campaña.
- --campaign-scenario
<identificador do escenario>
- O identificador do escenario da campaña indicada. De omitirse o
parámetro, empregarase o primeiro escenario.
- --config-dir nome
- Define nome coma o nome do cartafol da configuración do
usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os
meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes
indicar unha ruta absoluta para o directorio da configuración
fóra dos antes mencionados.
- --config-path
- Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.
- --data-dir
<directorio>
- Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.
- -d, --debug
- Activa opcións adicionais no modo de ordes do xogo. Consulta o wiki
en «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en inglés)
para máis información sobre o modo de ordes do xogo.
- -e, --editor ficheiro
- Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se indica un
ficheiro, fai o mesmo que -l --load.
- --fps
- Mostra nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo
ao que se está executando o xogo.
- -f, --fullscreen
- Executa o xogo a pantalla completa.
- --gunzip ficheiro_de_entrada.gz
- Descomprime un ficheiro que debería estar en formato GZIP e
gárdao sen o sufixo «.gz». Borrarase o
ficheiro_de_entrada.gz.
- --gzip ficheiro_de_entrada
- Comprime un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma
ficheiro_de_entrada.gz e borra o ficheiro_de_entrada.
- -h, --help
- Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.
- -l, --load ficheiro
- Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar.
Se tamén se usan as opcións -e ou --editor,
iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un
directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de mapas
aberto en dito directorio.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese
usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis
dispoñíbeis son os seguintes: error
(erro), warning (aviso), info
(información) e debug (depuración).
error é o nivel predeterminado.
- --logdomains [filtro]
- Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que
conteñan o filtro se se usa).
- --max-fps
- O número máximo de fotogramas por segundo que pode empregar
o xogo. O valor debe estar entre «1» e «1000»,
sendo 50 o valor predeterminado.
- -m, --multiplayer
- Executa unha partida de varios xogadores. Hai opcións adicionais
que poden empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica
máis abaixo. --multiplayer só pode ir seguido destas
opcións adicionais.
- --no-delay
- Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento gráfico. Isto
actívase automaticamente con --nogui.
- --nocache
- Desactiva a caché de datos do xogo.
- --nomusic
- Executa o xogo sen música.
- --nosound
- Executa o xogo sen sons e sen música.
- --path
- Devolve o directorio de datos do xogo.
- --preprocess,
-p[=<definición_1>,<definición_2>,…]
<ficheiro ou cartafol> <directorio_de_destino>
- Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros
escribiranse no directorio de destino indicado: un ficheiro
“cfg” simple e outro procesado. Se se indica un cartafol,
preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras para o
preprocesador coñecidas. Os macros comúns dos directorios
dos datos, do núcleo e dos macros preprocesaranse antes que os
recursos indicados. definición_1,definición_2,... son
as definicións adicionais que se engadirán antes de
preprocesar os ficheiros. Se quere engadilas terá que prefixalas co
carácter «=». Se «SKIP_CORE»
está na lista de definicións o directorio dos datos e o do
núcleo non se preprocesarán. Por exemplo: -p
~/wesnoth/data/campaigns/tutorial ~/result ou
-p=MULTIPLAYER,MY_OWN_CAMPAIGN ~/wesnoth/data/campaign/camp
~/result.
- --preprocess-input-macros
<ficheiro_fonte>
- Só o emprega a orde «--preprocess». Especifica un
ficheiro con definicións para antes do preprocesamento.
- --preprocess-output-macros
[<ficheiro_obxectivo>]
- Só o emprega a orde «--preprocess». Devolve todos os
macros preprocesados do ficheiro obxectivo. Se non se especifica un
ficheiro devolverá os do ficheiro «_MACROS_.cfg» do
directorio obxectivo da orde «--preprocess». Este
modificador ten que escribirse antes da orde
«--preprocess».
- -r XxY, --resolution XxY
- Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r
800x600.
- -s, --server [máquina]
- Conéctase á máquina especificada se existe,
senón conéctase ao primeiro servidor da
configuración. Por exemplo: --server
server.wesnoth.org.
- --strict-validation
- Os erros de corrección trátanse coma erros graves.
- -t, --test
- Executa o xogo nun pequeno escenario de proba.
- --validcache
- Asume que a caché está ben (perigoso).
- -v, --version
- Devolve o número da versión.
- -w, --windowed
- Executa o xogo nunha xanela.
- --with-replay
- Reproduce a partida cargada coa opción --load.
As opcións para partidas con varios xogadores
específicas dun bando márcanse cun número.
«número» tense que substituír polo
número do bando. Normalmente é «1» ou
«2», pero depende do número de xogadores que permita o
escenario escollido.
- --ai_confignúmero=valor
- Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a intelixencia
artificial que controla o bando especificado.
- --algorithmnúmero=valor
- Fai que a intelixencia artificial do bando indicado empregue o algoritmo
non estándar indicado. Os seus posíbeis valores son
idle_ai e sample_ai.
- --controllernúmero=valor
- Decide quen controla o bando indicado. Os valores
dispoñíbeis son: human e ai.
- --era=valor
- Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era
predeterminada (Default). A era elíxese mediante un
identificador. As eras descríbense no ficheiro
data/multiplayer/eras.cfg.
- --exit-at-end
- Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo
de vitoria ou derrota que requira que o usuario prema
«Aceptar». Isto tamén se emprega para probas de
rendemento automatizadas mediante scripts.
- --nogui
- Executa o xogo sen interface gráfica. Debe aparecer antes de
--multiplayer para funcionar correctamente.
- --parmnúmero=nome:valor
- Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro
depende das opcións usadas con --controller e
--algorithm. Só debería resultarlle útil a
quen estea a deseñar a súa propia intelixencia artificial
(aínda non está completamente documentado).
- --scenario=valor
- Selecciona un escenario con varios xogadores polo seu identificador. O
identificador do escenario por omisión é
multiplayer_The_Freelands.
- --sidenúmero=valor
- Escoller unha facción da era actual para bando número
número. A facción elíxese mediante un
identificador. As faccións descríbense no ficheiro
«data/multiplayer.cfg».
- --turns=valor
- Establece o número de roldas para o escenario elixido. 50 de
maneira predeterminada.
Se a situación ao saír é normal, o estado ao
saír será «0». «1»
correspóndese cun erro de inicialización —ben do SDL,
da configuración de vídeo, dos tipos de letra, etc—.
«2» indica que o erro se produciu coas opcións da
liña de ordes.
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>,
ott <ott@gaon.net> e Soliton <soliton.de@gmail.com>.
Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/
Copyright © 2003-2013, David White
<davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos
da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free
Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o
seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO
PARTICULAR.