Provided by: kde-l10n-gl_4.13.0-0ubuntu1_all bug

NAME

       kdeinit4 - Start all other KDE programs and kdeinit loadable modules (KLMs).

RESUMO


       kdeinit4 [--help] [[--no-fork] | [--no-kded] | [--suicide]] [[+programas] | [programas]]

DESCRICIóN

       kdeinit4 é un lanzador de procesos semellantes ao famoso init do arrinque de UNIX. Executa programas de
       KDE e módulos cargábeis por kdeinit (KLM) iniciándoos dun xeito máis eficiente.

       Usar kdeinit4 para iniciar programas de KDE fai que o inicio dun programa típico de KDE sexa o dobre de
       rápido e reduce significativamente o consumo de memoria.

       kdeinit4 está ligado con todas a bibliotecas precisas polos programas estándar de KDE. Con esta técnica o
       inicio dos programas é moito máis rápido porque só fai falla ligar o programa en si mentres que noutro
       caso tanto o programa como as bibliotecas que use deberían ligarse.

DESVANTAXES

       O nome do proceso dos programas iniciados mediante kdeinit4 é «kdeinit4». Este problema pode corrixirse
       en parte cambiando o nome do programa que se mostra con ps. Porén, programas como killall só han ver o
       nome do proceso como kdeinit4. Para arranxar isto, use kdekillall (de kdesdk/scripts) para os programas
       iniciados mediante kdeinit4.

OPCIóNS

       --help
           Mostrar axuda acerca das opcións

       --no-fork
           Non fai un fork, isto é, non sae até que acaben todos os programas executados

       --no-kded
           Non iniciar kded

       --suicide
           Ter

       +programas
           executa os programas xestionando os pedidos

       programas
           executa os programas sen xestionar os pedidos

UTILIZACIóN

       Un xeito habitual de executar este programa é mediante a seguinte orde na liña do ordes kdeinit4 programa
       ou kdeinit4 +programa

FICHEIROS

       /tmp/kde-$USER/kdeinit4_$INSTANCE
           ...

VARIáBEIS DE ENTORNO

       $HOME
           Indica o cartafol persoal do usuario actual

       $KDE_HOME_READONLY
           Indica se o cartafol persoal do usuario actual é só para lectura

       $KDE_IS_PRELINKED
           Se está definida, indícalle a kdeinit4 que os programas de KDE están preligados.

           (O preligar é un proceso que permite acelerar o proceso da ligazón dinámica).

       $KDE_DISPLAY
           Se está definida, indícalle a kdeinit4 que se está a executar nun escritorio KDE.

CONSULTE TAMéN

       kded, kdekillall

ERROS

       Probabelmente haxa moitísimos erros. Use bugs.kde.org[1] para informar deles.

AUTHORS

       Waldo Bastian <bastian@kde.org>
           Author.

       Mario Weilguni <mweilguni@sime.com>
           Author.

       Lubos Lunak <l.lunak@kde.org>
           Author.

NOTES

        1. bugs.kde.org
           http://bugs.kde.org

0.01.01                                            2008-10-03                                        KDEINIT4(8)